Avisos

O Vila de Ordes adestrará o Martes 2 e Xoves 4 de Marzo as 21:30 Horas no Campo Anexo de Vista Alegre.
 
Vila de Ordes 8 - Ames 0 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 08 de Marzo de 2010 16:58

 

 

VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO
2 MANU SANTOS
3 CIVERA

52' JULIO

4 MANTEIGA
5 LEQUIO (Cap.)
6 IVAN 55' LUIS
7 RAMA
8 BILI 59'  LÓPEZ
9 ISMA 78' JUANELE
10 ALEX

 

11 MIGUEL SANTOS 59' AITOR
RESERVAS
12 LUIS
13 JUANELE
14 LÓPEZ
15 AITOR
16 JULIO

Sábado 6 de Marzo de 2010. Campo Anexo de Vista Alegre. Pouco público. 

Arbitro: Alberto Mariano Estevez. Delegación de Santiago. Partido sen complicacións, amoestando unicamente a dous xogadores visitantes. Anulou dos goles locais de Alex, un en cada parte, por suposto fora de xogo.

GOLES:

1-0. Minuto 2. Xogada por banda esquerda de Miguel Santos que preto da liña de fondo centra, o balón toca no dorsal 2 e remata no fondo da rede.  

2-0. Minuto 7. Rama inicia xogada en banda, continúa Alex que centra, recibe o balón Isma pero cometen pena máxima sobre él. Transforma Civera.

3-0. Minuto 27. Manu Santos cambia o xogo á banda esquerda a Miguel Santos, que controla, internase na área e marca de forte tiro raso. 

4-0. Minuto 36. Gran xogada de Isma que arranca en velocidade dende a banda, entra na área tras superar a dous defensas, toca o balón atrás para que Miguel Santos marque novamente de tiro raso. 

5-0. Minuto 42. Saque de esquina quedando o balón solto dentro da área visitante, e finalmente Isma recolle o balón e marca cun forte chut.

6-0. Minuto 75. Nova boa xogada persoal de Isma que dende o centro do campo vaise en velocidade, penetra na área e ante a saida do porteiro marca cun tiro forte e colocado a media altura. 

7-0. Minuto 84. Xogada de Julio pola banda dereita, toca atrás e alí Juanele coloca o balón na base do pao, lonxe do alcance do porteiro. 

8-0. Minuto 87. López inicia xogada dende atrá índose da defensa visitante cun máginifico autopase, e a beira da área do Ames, toca cara Aitor que so ten que empuxar o balón ó fondo da rede. 

COMENTARIO:

Novo partido sen dificultade para o Vila de Ordes, ó igual que o domingo pasado contra o Costoia, dominando os locais o partido totalmente durante os noventa minutos, e tamén nesta ocasión cun resultado nada excesivo para as moitas ocasións que tiveron os xogadores locais.

Na primeira parte a maiores dos goles, estivo moi activo Miguel Santos que tivo algunha ocasión máis para aumentar a súa conta, pero o claro dominio local non se convertiu en máis goles o seu favor.

Sería o inicio da segunda parte, antes do seu cambio, cando Miguel Santos tivo a súa derradeira ocasión en xogada persoal, pero despois de regatear ata tres defensas, o seu tiro é despexado pola defensa, e non chega ningún compañeiro o rechace. Pouco despois sería un bo tiro de Rama que saca o porteiro nunha boa intervención. No minuto 55 tras un tiro de Alex, Julio tivo a súa mellor ocasión, pero sen oposición algunha o seu tiro vaise fora.

No minuto 65 os visitantes tiveron a súa única clara ocasión de gol, cun tiro do dorsal 8 o pao dereito da portería de Carro, que non tivo máis ocasións de perigo na súa meta no resto do partido.

Tres minutos despois, noutra boa xogada persoal de Isma, que en velocidade plántase na área visitante, e diante da saída do porteiro realiza un tiro cruzado que repele a base do pao. No 70, esta vez sería Julio quén se vai en velocidade, entra na área, e o seu tiro vaise o corpo do porteiro. E dous minutos despois, novamente Julio ten unha boa ocasión de gol, recollendo un rechace, pero o seu remate é repelido polo longueiro. Incluso Juanele tería outra ocasión pero o seu remate sae desviado.

Partido sen moito comentario, cun Vila de Ordes moi superior, e cunha segunda parte con moitos cambios para dar minutos os xogadores menos habituais durante o resto da temporada, conseguindo novamente gol "Aitormenta", e xogadores menos goleadores como Civera, ou o porteiro suplente Juanele que como xogador de campo xa leva dous goles na sua conta persoal.

 
Costoia 2 - Vila de Ordes 7 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 01 de Marzo de 2010 00:49

 

 

VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO 48' JUANELE
2 MANU SANTOS 50' AITOR
3 RAMA
4 IVAN
5 LEQUIO (Cap.)
6 CIVERA
7 ISMA
8 BILI 50' LUIS
9 JULIO
10 ALEX

65' NHORZE

11 MIGUEL SANTOS 48' MANTEIGA
RESERVAS
12 MANTEIGA
13 JUANELE
14 LUIS
15 AITOR
16 NHORZE

 

Domingo 28 de Febreiro de 2010. Campo Municipal de Bertamiráns. Pouco público. 

Arbitro: Jose Gude González. Subdelegación de Boiro. Nun partido sen complicacións non amonesteu a ningún xogador, e tivo unha boa actuación ainda que en ocasións seguio o xogo dende demasiado lonxe cometendo así erros sobre todo nos foras de xogo.  

GOLES:

0-1. Minuto 15. Falta lateral que Iván remata no primeiro pao o fondo da rede. 

0-2. Minuto 25. Gran xogada de Miguel Santos que entrando dende a banda fai o pase da morte cara atrás, e marca Alex.

0-3. Minuto 30. Nova xogada de Miguel Santos, similar a anterior, e de novo marca Alex.

0-4. Minuto 45. Saque de banda que recibe Alex no borde da área local, coloca o balón para Rama que marca de tiro raso.

0-5. Minuto 60. Desprazamente en longo de Iván, que recibe Aitor no borde da área, controla e marca por baixo.

1-5. Minuto 65. Perda de balón da defensa visitante que remata en falta, e o saque da mesma en primeira instancia é rexeitado pola barreira, pero empalmando un forte chut o dorsal 6 envía o  balón  a escadra da portería de Juanele que non pode facer nada.

1-6. Minuto 67. Contraataque con pase á defensa da espalda local, que aproveita Nhorze para controlar o balón, encarar o porteiro e marcar cun tiro de calidade a media altura.

1-7. Minuto 75. Gran xogada de Civera que se vai de canto rival lle aparece por diante, entra na área e alí é claramente derribado por detrás, sinalando a pena máxima o colexiado. Transforma en gol o capitán Lequio cun tiro colocado enganando totalmente o porteiro local.

2-7. Minuto 80. O dorsal 3 recibe o balón en posición de claro fora de xogo por moitos metros, encara a Juanele e marca. Pese as protestas visitantes, o gol sube o marcador.

COMENTARIO:

Partido dominado de principio a fin polo Vila de Ordes, que non encontrou oposición algunha no equipo local. Ainda que o resultado parece abultado, en realidade puido ser moito maior, xa que os visitantes crearon ocasións claras de gol continuamente, e o esférico estivo case os noventa minutos na zona de ataque do Vila.

Tiveron boas ocasións na primeira parte Miguel Santos, Julio, Alex, Isma,  pero destacando sobre todas a de Rama no minuto 43 cando rompendo o fora de xogo, prantase sen marca algunha diante do porteiro, pero o seu tiro é rexeitado polo corpo do caminuto 44, nunha gran xogada de Isma por banda que centra ó interior da área, e alí Alex send deixar baixar o balón dispara saindo fora por ,pouco.

E na segunda as ocasións continuaron, dispoñendo delas Julio, Aitor, Rama, Nhorze, sendo as máis claras as dos minutos 81 de Julio que en xogada persoal entra na área, pero cando dispoñía da portería vacia unha vez superado o porteiro local, e escorado a esquerda intenta o tiro pero o balón vaise fora, e no 85 en xogada persoal de Luis que chega ata a área local, onde lle fan un claro penalty, pese o que intenta continuar coa xogada, pero xa desequilibrado realiza un tiro que se pasea por diante da portería o que non chega ningún rematador. 

Como resumo, dicir que foi unha cómodo victoria, que puido ser moito maior, e que serviu para recuperar a "Aitormenta" que conseguiu o seu primeiro gol despois da grave lesión do ano pasado, e para ver o que moi poucos ollos recordaban ainda que escoitaran falar, que non é outra cousa que a Nhorze marcando un gol de calidade.

 
Vila de Ordes 5 - Resmón 0 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 22 de Febrero de 2010 19:23

O Vila de Ordes recupera a forma de partidos anteriores e logrou unha victoria por (5-0) ante o Resmón.

O equipo local puxose pronto por diante ante un Resmón que dou moitas facilidades, dandolle así un partido comodo os xogadores do VDO.

Os goles estiveron moi repartidos acadando Juanele, o porteiro suplente, un gol nos minutos finales.

Pouco público no anexo a Vista Alegre o coincidir partido co desfile de Antraido do sábado de Piñata en Ordes.

 

 

 
Vila de Ordes vs Resmón PDF Imprimir E-mail
Sábado, 20 de Febrero de 2010 10:31

Nova xornada de liga na que o Vila de Ordes está obrigado a gañar e esperar o pinchazo dos equipos da cabeza da taboa clasificatoria.

Non será fácil recortar puntos, comezando polo partido do Vila de Ordes que se enfronta o Resmón no que se pode considerar un novo derbi.

Os resultados da tempada pasada foron victorias pola minima para os locales de cada campo: (3-2) en Trazo é (2-1) en Ordes; esta tempada impuxose na primeria volta o Vila de Ordes a domicilio (3-5) e empataron en pretempada en Ordes (2-2).

O adestrador, Carlos Carril, con varias baixas por diferentes motivos, contará cos xogadores xustos para formar a convocatoría.

O Partido disputarase hoxe as 18:30 horas no Campo Anexo a Vista Alegre, e pese o último mal resultado colleitado en Deixebre esperamos que os siareiros e socios sigan a repostar porque queda moita liga.

 
Deixebre 1 - Vila de Ordes 1 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 15 de Febrero de 2010 14:54

Empate con sabor a derrota do Vila de Ordes en Deixebre. O equipo adestrado por Carril, dominou os primeiros minutos nos que acadou o gol nunha falta lanzada dende a frontal esquerda que se introduciu na portería despois de dar nun defensa.

Despois do gol o equipo foi a menos, tocando fondo co gol do Deixebre, obra de David Viqueira. Un gol con intención pero con moita sorte que afundiu o VDO.

Dende ese momento e durante todo o segundo tempo foi un querer e non poder, as impresicións, o mal estado do campo e a arbitraxe derivaron no empate final, quedando o Vila de ordes a cinco puntos do ascenso.

Unha crónica más completas nas próximas horas.