Inicio Previa: Vila de Ordes vs Luaña

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Previa: Vila de Ordes vs Luaña PDF Imprimir E-mail
Sábado, 31 de Octubre de 2009 01:39

Quinta xornada de liga no Grupo 9 de 3ª Autonómica. O Vila de Ordes recibe o Luaña que ainda non logrou ningún punta para o seu casilleiro o igual que a Sionlla, equipo co que conparte o faroliño vermello.

Con solo dous puntos, e xusto por encima deles, atopase o Vila, que buscará unha xornada máis acadar a primeira victoria da tempada para así seguir sumando e recuperar a tranquilidade no seno do clube.

O rival trae inmellorables recordos para o equipo, xa que foi ante eles o debut en competición do Vila de Ordes a tempada pasada. O resultado non poidera ser máis dulce (2-1) con goles de Aitor. Na segunda volta o VDO visitaba a O Luaña apurando as ultimas opcións de ascenso, e tamén se acadara un resultado positivo (1-5).

Para o encontro o Vila contará cas novidades de Miguel Santos e Tucho que debutan esta tempada, Civera, Pablo Castro e Manteiga recuperado dun proceso vírico. Son baixas na convocatoria: Manu Santos sancionado, Alex lesionado e Aitor e Nhorze por decisión técnica.

O equipo necesita gañar, necesita da afición, asique esperamoste máis que nunca no partido que nos enfronta o Luaña, hoxe sábado 31 de Outubro as 19:00 Horas no Campo de Herba Artificial Anexo a Vista Alegre.