Inicio Tordoia vs Vila de Ordes

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo).

 
Tordoia vs Vila de Ordes PDF Imprimir E-mail
Domingo, 08 de Noviembre de 2009 12:15

O Vila de Ordes desprazase a Tordoia para enfrentarse o equipo local as 16:15 Horas, no Campo de Santaia de Gorgullos.

A temporada pasada o Vila de Ordes impuxose o desaparecido Tordoia B (0-1) como visitante e (5-0) no Anexo a Vista Alegre. Por tanto será o primeiro partido entre ambos e estes resultados non son unha referencia fiable.

No que vai de Liga o Tordoia aventaxa 10 a 5 en puntos na taboa clasificatoria o Vila de Ordes. Unha nova victoria será o que busquen os xogadores adestrados por Carril para reducir distancias co Tordoia, 3º Clasificado por detrás de Ortoño e Bertamiráns B.

Non será fácil gañar, pero de facelo o VDO conseguirá voltear o mal comezo de campeonato e recuperaría a boa senda.

Para o encontro o Vila de Ordes recupera Manu Santos e a Juanito que volve despois da lesión da pasada tempada. Por otra parte son baixa por lesión os dous Alex ( Alex e Alex Varela) e por sanción Antón. Quedan fora por decisión técnica: Pablo Castro, Aitor, Nhorze, Deivi. López o capitán estará ausente non vindeiros encontros por asuntos propios.

En busca da segunda victoria animamos os seguidores do Vila de Ordes que fagan este curto desprazamento a Tordoia para arroupar o equipo.