Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Tordoia 0 - Vila de Ordes 1 |
|
|
|
| Lunes, 09 de Noviembre de 2009 00:25 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Domingo 08/11/2009. Campo de herba artificial de Gorgullos - Tordoia. 16:00 horas.
ARBITRO: Modesto Fernández López. Delegación de Santiago. COMENTARIO:
Primeira victoria a domicilio da 2009-2010 que rematou cun resultado xusto, polo visto no terreo de xogo, onde so existiu un equipo que foi o Vila de Ordes, que salvo 15 minutos o comezo da segunda parte, controlou de principio a fin o partido, desenvolvendo un bo xogo.
A primeira parte comezou con un par de ocasións visitantes, as que respostaron os locais no minuto 10 cun remate dende dentro da área producto dun dexasuste defensivo, pero Carro realizando unha boa intervención atallou o balón, sendo esta a única ocasión clara de gol para os locais na primeira parte. Coa recuparación do balón, os visitantes sairon nun veloz contraataque, que rematou Isma nunha boa vaselina pero o balón marcho a rentes do pao dereito da portería local, na ocasión visitante máis clara ata este momento.
O control do balón era claramente visitante, que tocaba ben o balón, entrando con moito perigo polas bandas tanto Ezequiel como Miguel Santos. Así, no minuto 24, en xogada de Ezequiel chegaría unha nova ocasión moi clara de gol para o Vila de Ordes, xa que tras rechazar a defensa o balón, Isma recolle o esférico e centra, e Rama entrando dende atrás cabecea o largueiro. Pero tamén a balón parado levaban perigo a meta local os xogadores visitantes, tanto en saques de esquina como en faltas, sendo as máis claras nos pes de Iván que realizou varios tiros perigosos, pero que non remataron en gol. E a derradeira ocasión nesta primeira parte, foi nas botas de Isma, que tras recibir un balón recuperado por Ezequiel, entra na área e golpea forte pero o balón vaiselle alto.
Na reanudación, o Vila de Ordes sufriu uns 15 minutos de baixón, xogando con moitos nervios, perdendo o balón rapidamente, e permitindo o Tordoia que sen realizar un mellor xogo, tivera o seu favor varios saques de esquina que levaron a inquedanza os xogadores e siareiros visitantes.
Pasada esta fase, foi de novo o Vila de Ordes quen mandaba de novo no partido, combinando ben o balón, participando moitos xogadores visitantes, e chegando con facilidade as inmediacións da área local. Unha destas xogadas no minuto 63 estivo a piques de rematar no primeiro gol visitante, pero a xogada entre Isma e Rama rematou nun centro moi longo o que non puido chegar ninguén. Sería no minuto 68, cando xogada Rama inicia a xogada en banda, cambia o outro lado para Tucho que encara á area local, e o balón chega a Oli xusto no borde da área grande, onde controla e acomodase para realizar un gran tiro colocado que entra por toda a escuadra, imposible de parar para o porteiro local, acadando así o Vila de Ordes o gol que o remate sería o único e definitivo para o resultado.
E sen tempo para recuperarse os locais, no minuto 70 o Vila de Ordes realiza a mellor xogada do partido, nunha contra moi rápida, na que toca o balón a meirande parte dos xogadores visitantes, iniciandose en Carro e rematando en Oli que recibe un balón entre lineas novamente no borde da área, e ante a saida do porteiro cruza perfectamente o balón, pero este vaise o pao, e o rechace chega a Tucho que dispara algo desviado e Isma entrando dende atrás chega a tocar o balón pero moi forzado e vaise fora cando xa se cantaba o segundo gol.
As últimas xogadas con perigo para a meta local foron nas botas de Isma e Tucho, pero a defensa despexou o balón sen contemplacións. E ainda que era o Vila de Ordes quen tiña máis o balón, as ocasións xa non foron tan claras como as mencionadas anteriormente.
E polo Tordoia a ocasión máis clara foi no minuto 65, cando unha perda de balón permitiu o dianteiro local recoller o balón, e dende o borde da área disparar raso, pero Carro desvia ben o balón a saque de esquina. Nos últimos minutos os locais intentaron acadar o empate, colgando balóns a área visitante, pero sen resultado algún.
|
Tordoia 0 - Vila de Ordes 1


