Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Vila de Ordes 4 - Deixebre 0 |
|
|
|
| Lunes, 16 de Noviembre de 2009 22:35 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sábado 14/11/2009. Campo Anexo de Vista Alegre. 18:30 horas. Ordes. Tarde fria o que non impediu a asistencia de aproximadamente uns 200 afeccionados.
ARBITRO: Logan Sampedro Valiño. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas os locais Manteiga, Iván, Isma e López.
GOLES: 1 – 0. Minuto 25. Iván. 2 – 0. Minuto 35. Oli. 3 – 0. Minuto 60. Isma. 4 – 0. Minuto 80. Bili.
COMENTARIO:
Nova victoria do Vila de Ordes, nun partido sen problemas diante do Deixebre, que en ningún momento fixo fronte o equipo local, en un partido que rematou cun resultado corto para as numerosas ocasións de gol a favor do equipo local.
Xa nos primeiros minutos os xogadores locais quixeron resolver o partido porque non deixaron en ningún momento de atacar a porteria visitante, e as ocasións sucedíanse unha tras outra de maneira consecutiva. Comezarían no minuto 1 cando Manteiga puido abrir o marcador nun saque de esquina, no 2 nun tiro de Bili, no 4 cun tiro alto de Isma, no 6 nun tiro de Rama que atalla o porteiro en dous tempos, no 7 novamente Primeira victoria a domicilio da 2009-2010 que rematou cun resultado xusto, polo visto no terreo de xogo, Rama nun saque de falta na que o balón sae lixeiramente alto, e no 8 a ocasión máis clara ata o momento, nunha triple ocasión nos pes de Bili, Oli e Bili de novo, pero entre a defensa e o porteiro conseguen despexar o balón con moitos apuros. No minuto 10 sería un tiro de Tucho que sae desviado, no 12 unha dobre ocasión para Isma tras saque de esquina no que o balón queda solto, e finalmente a defensa alonxa o esférico. Unha moi boa ocasión no 15 cando Rama executa case perfectamente un saque de esquina tentando o gol olímpico, pero o balón é rexeitado polo largueiro. No minuto 19 unha nova triple ocasión para os locais tras un dos moitos saques de esquina que tiveron o seu favor, primeiro Rama, despois Isma e finalmente Bili, pero a defensa in extremis saca o balón. E no 22, un Rama moi inspirado intenta un tiro algo lonxano que sae fora. E tras todas as ocasións anteriores, sería Iván quen no saque dunha falta lateral na banda esquerda, con un golpeo forte e colocado case na escudra, con algo de axuda do porteiro visitante, consegue o primeiro gol para o Vila de Ordes.
Ademais das ocasións, tamén era o Vila de Ordes quen dominaba o partido e o único equipo que xogaba o fútbol, tocando o balón, entrando polas bandas especialmente pola esquerda, realizando un xogo moi rápido e o primeiro toque, e chegando con moita facilidade a área visitante. O Deixebre nin realizou xogo nin levou perigo a meta de Carro case en todo o partido, xogando bastante retrasado, cometendo demasiadas faltas para cortar o xogo local, e sacando o balón sen contemplacións e sen demasiada intención de xogar o balón.
No minuto 28 os locais realizan unha gran xogada, entrando Tucho pola banda en velocidade, superando o seu marcador, e colocando o balón por diante da portería, pero non chegan por pouco nin Isma nin Oli. E o Vila de Ordes puido subir o segundo gol o marcador o segundo gol no minuto 32, nunha contra moi rápida, na que Isma recolle o balón, vaise dos defenseres, penetra na área encarando o porteiro, pero apura demasiado a xogada quedando case sen ángulo e o seu tiro encontrao o porteiro visitante.
A seguinte xogada local, no minuto 35, si remataría en gol, nunha boa recuperación de Castro, que toca o seu compañeiro Tucho, quen se vai pola banda, fai o pase da morte cara a área pequena, e alí Oli coa oposición dun defensa consegue rematar o esférico o fondo da rede.
Nos últimos 10 minutos da primeira parte, os siareiros locais ainda puideron ver aumentado o marcador, sobre todo pola ocasión do minuto 40, cando Bili dende lonxe intenta sorprender o gardamallas visitante, o balón e rexeitado polo pao, e Isma entrando dende atrás recolleo, e marra unha moi boa ocasión o demorar o remate, e así o porteiro atalla o balón, salvando o perigo. Ata o final desta primeira parte, poden sinalarse dúas ocasións locais, a primeira no 42 unha vaselina que intenta Oli, e o esférico sae fora por moi pouco, e no minuto 44 unha falta directa que intenta Iván, e o balón sae a beira mesmo do pao.
Na segunda parte a tónica do partido seguiu sendo a mesma, con dominio claro dos locais fronte a un equipo visitante encerrado atrás, e inoperante en ataque. Así as ocasións de gol seguiron sendo locais, como no minuto 46 cun tiro de Tucho o borde que atalla o porteiro, no 50 unha xogada de Rama que non encontra rematador, no 55 cun remate de Tucho a un centro de Castro que se vai fora, no 58 cun tiro de Juanito tras deixarlle o balón Oli no borde da área. No minuto 60 chegaría o terceiro gol local, nunha xogada persoal de Isma que penetrando na área, realiza un forte tiro axustado o largueiro, inalcanzable para o porteiro, conseguindo así o gol que se lle negara nas ocasións anteriores, e acadando o Vila de Ordes unha clara vantaxe no marcador.
A partir destes momentos, cos cambios realizados e o marcador claramente a favor para os locais, o partido pareceu perder algo de intensidade, ainda que sen cambios no dominio local, nin melloría nos visitantes. Pero non por iso as ocasións locais deixaron de producirse, xa que uns minutos despois no 65 Bili puido acadar o cuarto gol, pero o seu tiro dende fora da área, foi desviado polo porteiro do Deixebre a saque de esquina.
Ainda co bo xogo realizado e a goleada local, non foi ata o minuto 70 cando as asistentes o partido puideron disfrutar da mellor xogada do mesmo, cando unha nova xogada de combinación entre os xogadores locais rematou cun centro á área que Julio intenta controlar de cabeza, pero o esférico sae hacia arriba e sen deixalo baixar, Julio executa de forma maxistral unha chilena espectacular, pero o balón sae moi centrado e o porteiro desvía con moitos problemas. Catro minutos despois Julio tería outra ocasión de marcar, tras pase de Oli dentro da área, pero o seu remata foi desviado polo porteiro a saque de esquina. Tras o seu saque, sería Lopez quen estivo a piques de marcar, pero o seu remate de cabeza saiu fora por pouco.
O cuarto e definitivo gol para o Vila de Ordes, chegaría no minuto 83 nunha falta colgada na área, o balón queda solto, chegando a Bili que marca no segundo pao. A derradeira ocasión para os locais sería no minuto 90 cando Julio executa unha falta preto da banda, e o seu tiro vaise alto por pouco.
Nestes últimos minutos o Deixebre tería a súa mellor ocasión de conseguer o gol da honra, nun tiro dende fora da área, que sorprende a Juanele pero e rexeitado polo pao e finalmente despexa o perigo a defensa.
En resumo, unha doada victoria local diante dun Deixebre que non presentou oposición case nos noventa minutos, e que permite os locais continuar a racha de resultados positivos, esperando que esta se manteña nos seguintes partidos. |
Vila de Ordes 4 - Deixebre 0 


