Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Resmón 3 - Vila de Ordes 5 |
|
|
|
| Lunes, 23 de Noviembre de 2009 11:10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Domingo 22/11/2009. Novo campo de Restande - Trazo. 16:00 horas. Campo de área e de reducidas dimensións.
ARBITRO: Víctor Mirazo Insua. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas os xogadores do Vila de Ordes: Manu Santos, Luis, Iván; e os locais dorsais números 1, 3, 7, 11.
GOLES: 1 – 0. Minuto 30. Nº 10 do Resmón. 1 – 1. Minuto 40. Tucho. 1 – 2. Minuto 45. Manteiga. 1 – 3. Minuto 46. Oli. 1 - 4. Minuto 65. Tucho. 1 - 5. Minuto 75. Julio. 2 - 5. Minuto 83. Nº 6 do Resmón. 3 - 5. Minuto 87. Nº 7 do Resmón.
COMENTARIO:
Cuarta victoria consecutiva do Vila de Ordes, nun encontro que comezaba con maior presenza do equipo local, que sendo máis coñecedor das características do terreo de xogo, realizaba o seu xogo, que consistía en balóns largos na busca dos seus dianteiros, e chegaban rapidamente a área visitante, ainda que sen demasiado perigo. Pola contra, os visitantes nos primeiros quince minutos, non encontraron a súa posición no campo, e ainda que intentaban tocar o balón, as xogadas visitantes non tiñan a precisión suficiente para levar perigo a portería local.
Tras un par de tiros locais sen moito perigo, os xogadores do Vila de Ordes pouco a pouco foron controlando máis o balón, dominando o centro do campo, e entrando ben polas bandas, pese a seguir perdendo o balón con demasiada rapidez, xa foi creando ocasións máis perigosas, como no minuto 14 nun saque de falta de Rama que se vai fora por moi pouco por riba do largueiro. Pero sería moito máis clara a xogada que un minuto despois, arrancaría dende a banda nas botas de Castro, e o seu centro é rematado por Isma que cambia a dirección do balón ante a saída do porteiro, pero o esférico sae rozando o pao.
E ainda sendo o Vila de Ordes, quen dominaba o encontro, chegaba con máis claridade a portería rival e dispoñia de ocasións máis claras, sería o equipo local quen se adiantaría no marcador, nunha xogada desafortunada no minuto 30, na que tras un tiro cruzado por diante da portería de Carro, o seu intento de bloqueo é defectuoso, quedando o balón solto ós pes do xogador local nº 10, que marca sen oposición ó estar libre de marca.
Pese a que o gol local foi unha renta excesiva para o xogo realizado polo Resmón ata o momento, os visitantes non se viñeron abaixo, uns minutos despois no 35 puideron empatar o partido nun balón dentro da área local, que tras varios rechaces chega a Isma quen en semifallo remata, pero a defensa consegue despexar o balón con dificultade.
E na seguinte xogada, o colexiado sinala unha falta a uns 40 metros da portería local, que se encarga de executar Iván, cun forte tiro que é repelido pola cruceta, e Tucho entrando dende atrás empalma un tiro raso que acaba no fondo da rede da portería local. Dous minutos despois unha boa xogada entre Oli, Tucho e Manuel finaliza cun centro que se vai alto por pouco. E sen tempo para máis, no minuto 45 un saque de esquina que Rama coloca no punto de penalty, é rematado por Manteiga de cabeza, conseguindo así darlle a volta o marcador nesta primeira parte.
Nesta primeira parte tamén habería tempo un par de cuestionables decisións arbitrais, sendo estas un máis que posible penalty sobre Oli que foi derrubado dentro da área pero o colexiado non sinalou nada, e para un gol anulado a Bili que marca tras recoller un rechace dentro da área local, pero esta vez o colexiado sinala unha suposta falta dun xogador visitante. O Vila de Ordes comezaría a segunda parte da mellor forma posible, xa que tralo saque de medio campo un balón largo que pelea Tucho no borde da área local, quédalle a Oli que controla e bate por baixo o porteiro, acadando o terceiro gol que lle daba unha certa tranquilidade os visitantes. Coa vantaxe clara no marcador, e impoñendose sen case oposición no centro do campo, o Vila de Ordes continuaba penetrando polas bandas, ainda que as ocasións máis perigosas tralo gol serían para un moi activo Isma no minuto 50, que regatea a tres contrarios e cando intenta pisar área a defensa consegue sacarlle o balón, e dous minutos despois, cando noutra xogada persoal nas inmediacións da área local, intenta un pase en lugar de disparar, marrando a ocasión. A seguinte ocasión clara, xa sería a do cuarto gol visitante, no minuto 65 cando tras un mal despexe do porteiro local de puños, deixalle o balón a Tucho perfecto para que este remate de cabeza a portería vacia. A partir destes minutos, os cambios tanto visitantes como locais, cortaron un poco a dinámica do encontro, pero non impediu que no minuto 75 nunha xogada á beira da área local na que Aitor intenta o disparo, pero un defensa desvia o balón que sae alto, e ante a indecisión do porteiro Julio cabecea o fondo da rede. Incluso pouco despois, Aitor remataría en gol unha xogada pola banda de Miguel Santos, pero ainda que a súa posición de saida foi moi retrasada e correcta, o colexiado anula o tanto por suposto fora de xogo. E co 1-5 que reflexaba o marcador, os xogadores visitantes pareceron relaxarse en exceso, xa que permitiron os locais conseguir o seu segundo gol no minuto 84, nunha falta lonxana na que o nº 6 executa cun forte tiro, e sorprende a Juanele que non é capaz de reaccionar. E uns minutos despois no 87, tras sacar de centro de campo e perder o balón case inmediatamente, os locais intentan unha xogada pola banda de Rama que corta o balón pero non da despexado o esférico, o Resmón faise novamente co balón e con certa permisividade defensiva visitante, realizan unha parede no borde da área recibindo o balón o dosal nº 7 que marca o oitavo gol do encontro, que a postre sería o definitivo, ainda que nos restantes minutos os locais intentaron encerrar o Vila de Ordes na súa área para conseguir máis goles. |
Resmón 3 - Vila de Ordes 5


