Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Vila de Ordes 5 - Costoia 0 |
|
|
|
| Sábado, 28 de Noviembre de 2009 21:54 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sábado 28/11/2009. Campo Anexo de Vista Alegre. 18:00 horas. Aproximadamente uns 70 valentes acompañaron o equipo nunha tarde moi fria e con choiva contínua, que estivo a piques de facer suspender o partido. ARBITRO: Agustín Hernandez Giadans. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas os xogadores do Vila de Ordes: Manu Santos e Alex Varela; e os visitantes dorsais nº 4, e o nº 5 en dúas ocasións sendo expulsado no minuto 69.
GOLES: 1 – 0. Minuto 5. Isma. 2 – 0. Minuto 35. Tucho. 3 – 0. Minuto 60. Oli. 4 – 0. Minuto 70. Rama. 5 - 0. Minuto 82. Miguel Santos.
COMENTARIO:
Nova victoria do Vila de Ordes, acadando a quinta consecutiva, nunha tarde na que as condicións metereoloxicas non acompañaron o fútbol, perigando en momentos a disputa do encontro, pola forte choiva que sufriron os xogadores e os afeccionados.
O encontro comezou adiantandose os locais na primeira xogada de aproximación a área visitante, cando nunha acción persoal, Isma vaise en velocidade entrando na área e dispara a una lado do porteiro conseguindo o primeiro gol local. Ainda que o tempo non favorecía o xogo, sobre todo as rachas de vento e a forte choiva, o dominio do encontro así como a posesión do balón eran do Vila de Ordes, e tamén as ocasións de gol, xa que o Costoia non se acercou con perigo a meta de Carro en toda a primeira parte. Os locais dispuxeron de boas ocasións nos minutos 15 cunha falta o borde da área que Oli executa cun tiro colocado pero por riba da barreira que se vai fora por pouco, no minuto 18 un balón de Tucho a Isma que controla na área visitante ainda que o seu intento de vaselina vaise alto, e no minuto 25 nunha xogada de Tucho pola banda que entra na área e toca o balón cara o punto de penalty pero a defensa despexa o balón impedindo o remate dos xogadores locais. No minuto 35 chega o segundo gol local, nunha nova xogada de Tucho pola banda e cando está entrando na área visitante o defensa agarrao por detrás, sinalando o colexiado pena máxima, pese as protestas dos xogadores visitantes que sinalaban que a infracción fora fora da área. O mesmo Tucho foi quen transformou a pena máxima. Nos minutos finais da primeira parte e os iniciais da segunda parte, continuaron coa mesma tónica, predominio local que entraba ben polas bandas, fronte a un equipo visitantes que seguía sen levar perigo a meta local. Tería que chegar o minuto 55 para ver unha nova ocasión local, cun tiro dende o borde de Luis que sae preto do pao, e despois no minuto 58 chegaría un novo gol local nunha rápida xogada de Miguel Santos pola banda que se interna na área e toca o balón cara atrás onde aparece Isma que remata o fondo da rede, pero incomprensiblemente o colexiado sinala fora de xogo. Dous minutos despois, producese unha nova internada de Miguel Santos dende a banda, que remata cun forte tiro o pao, e o esférico acabao enviando a defensa a saque de esquina. No saque o balón vai o segundo pao onde aparece Oli para conseguir o terceiro gol local. E uns minutos despois, unha falta no propio campo do Vila de Ordes que saca Rama de tiro forte e con moita altura, acaba introducindose case pola escuadra da portería visitante, sorprendendo a todos o acadar o gol dende uns 60 metros aproximadamente. Coa amplia vantaxe no marcador, o adestrador local fixo 4 cambios, e neste momento foi cando o Costoia tivo a súa primeira clara ocasión de gol no tempo disputado, xa que disfrutou dunha falta no borde da área local que sacaron cun tiro axustado o largueiro e Carro acaba sacando con apuros. Antes do quinto e definitivo gol local, Julio no minuto 78 puido marcar nunha xogada na que recibiu o balón na área, pero o seu tiro foi despexado polo porteiro visitante. E no minuto 80, unha boa xogada que comeza Alex Varela saindo dende a posición de central co balón controlado e índose de 3 xogadores contrarios, mete o balón entre liñas a Miguel Santos que en velocidade controla o balón e encara a portería visitante, pero o seu tiro e rechazado novamente pola madeira. Outra ocasión posterior un minuto despois foi unha xogada que tras quedar o balón solto, Bili dispara fora. Pero na xogada seguinte, no minuto 82, noutra xogada de Miguel Santos que dispara e o rechace chega a Tucho, que de tacon deixalle o balón colocado a Miguel Santos que controla e marca de tiro raso. O Costoia nos minutos finais do partido tería dúas claras ocasións de gol, primeiro nunha nova falta o borde da portería local xa defendida por Juanele, que executan cun forte tiro o largueiro que acaba sacando a defensa, e sobre todo, cunha xogada posterior por banda na que o dianteiro visitante e derribado por Civera dentro da área local, sinalando o colexiado a conseguinte pena máximo, pero o xogador visitante dispara moi alto por riba da portería local. |
Vila de Ordes 5 - Costoia 0


