Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Adestramento "Calentito" |
|
|
|
| Viernes, 04 de Diciembre de 2009 16:45 |
|
No adestramento de onte Xoves 3 de Decembro, produciuse un novo incumprimento dos horarios por parte do Clube Ordenes, non deixando libre a media parte do campo que lle corresponde ó Vila de Ordes a partir das 22:00 horas da noite. Tras 10 minutos de espera, e vendo que non tiñan intención de sair, os xogadores do Vila de Ordes entraron na media parte do campo que lles corresponde segundo o acordo o que se chegou en reunión no Concello de Ordes. Ante esto, o adestrador do Ordenes encarouse co adestrador do Vila de Ordes, en actitude prepotente e soltando diversas "lindezas" cara o Vila de Ordes, polo que se chegou a unha situación difícil que estivo a piques de ir a maiores, e trala mediación dalgún dos poucos xogadores nativos da vila nas filas do Ordenes, e directivos do Vila de Ordes, afortunadamente o conflicto tranquilizouse. Se fora un feito aillado podería entenderse como un malentendido, pero estes incumprimentos non son a primeira vez que ocorren, polo que esperamos que as autoridades competentes na materia tomen as medidas oportunas, e realicen algún tipo de programación de calendarios e supervisión dos mesmos para o seu real e efectivo cumprimento, para que así o Vila de Ordes non teña que sufrir a mesma situación que xa pasou o ano pasado. |
Adestramento "Calentito"


