Inicio Ames vs Vila de Ordes

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Ames vs Vila de Ordes PDF Imprimir E-mail
Viernes, 04 de Diciembre de 2009 23:35

O Vila de Ordes viaxa a Ames para enfrentarse o equipo local, nun día, domingo, que se presenta chuvioso.

O Vila con duas novidades na convocatoria; Iván que volve despois da sanción e Nhorze que xa se atopa nunha condición física aceptable, ocupan os lugares deixados por Oli que será baixa por motivos personais e Alex Varela ausente nalgunhas das ultimas sesións de adestramento.

O VDO buscará a sexta victoria consecutiva ante o Ames que recibirá o equipo adestrado por Carril nun campo distinto o da tempada pasada.

A diferencia entre os equipos na taboa clasificatoria ascenden a once puntos, 17 suma o Vila de Ordes, por 6 o Ames.

Pese a todo non será fácil o partido ante un equipo co que se empatou a domicilio (1-1) e solo se lle supo gañar pola mínima (2-1) no Anexo a Vista Alegre.

Unha xornada máis o equipo espera contar co apoio da afición que acode regularmente os desplazamentos e a que espera dedicar unha nova victoria.