Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Ames 3 - Vila de Ordes 6 |
|
|
|
| Domingo, 06 de Diciembre de 2009 19:07 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Domingo 06/12/2009. Campo “Mar da Ovella” - Ames. 16:00 horas. ARBITRO: José Gual González. Sub-Delegación de Boiro. Mostrou amarelas os xogadores locais cos dorsais números 7 e 9.
GOLES: 0-1. Minuto 4. Isma marca de forte tiro dende fora da área. 0-2. Minuto 6. Miguel Santos marca de tiro cruzado despois de controlar un pase de Tucho dende a banda. 0-3. Minuto 8. Centro de Julio, que remata Isma de cabeza picando o balón fora do alcance do porteiro. 1-3. Minuto 12. Indecisión da defensa e Carro, o balón chega o dianteiro local que de vaselina marca. 1-4. Minuto 20. Saque de banda que peina Bili, e Julio entrando dende atrás, toca a un lado e marca. 2-4. Minuto 30. Falta o borde, que executan o lado do porteiro e Carro non chega. 3-4 Minuto 38. Saque de esquina que Carro non acerta a despexar, e rematan a gol sen marca algunha. 3-5 Minuto 55. Falta lateral colgada a área, e López entrando dende atrás marca de cabeza. 3-6 Minuto 80. Balón largo a Tucho que controla, encara porteria e marca.
COMENTARIO:
O partido comezaba da mellor forma posible acadando o Vila de Ordes tres goles cando ainda non se levaban disputados nin dez minutos da primeira parte, polo que dou a impresión que o encontro rematara case antes de comezar. Pero os locais non baixaron os brazos, e axudados polos fallos defensivos do Vila de Ordes estiveron a piques de empatar o partido na primeira parte, cunha efectividade case do 100% xa que as tres ocasións claras de gol das que dispuxeron, transformaronnas en gol. Unicamente dispoñerían doutro ocasión clara de gol no minuto 17, con nova indecisión de Carro e a defensa, pero esta vez o dianteiro local eleva o balón que se acaba indo fora a rentes do pao dereito da portería do Vila de Ordes.
O resto da primeira parte, foi de claro dominio visitante, que era quén controlaba o esférico, entrando sobre todo pola banda esquerda, e dispoñendo de numerosas ocasións para aumentar o marcador, como así foron: no minuto 8 un tiro de Tucho que sae moi cruzado; no 11 un tiro de Miguel Santos que se vai fora; no 15 unha xogada na que Isma encara ó porteiro per o último control faino moi largo e vaiselle o balón; no 27 nunha xogada que comeza Miguel S., o balón chega a Isma que centra e Julio cun potente salto, cabecea o fondo da rede pero incomprensiblemente o colexiado anula o gol por suposto fora de xogo; no 28 unha subida pola banda de Rama que toca o balón por diante da portería local pero non chega ninguén a rematar; no 32 Isma regatea o porteiro pero quedas en ángulo, e os eu tiro sacao a defensa; dous minutos despois tralo saque de esquina o balón queda solto e o tiro de Miguel Santos sacao a defensa en última instancia.
A segunda parte continuaba coa mésma tónica, control e ocasións visitantes, xa no minuto 46 en xogada de Isma que tira desviado ó entrar na área; tres minutos despois a ocasión sería para Luis que saca un potente tiro dende o borde da área pero o balón sae rozando o longueiro da portería local; no 52 novamente Isma puido incrementar o marcador, pero o seu remate dende dentro da área sae desviado por moi pouco; no 71 a clara ocasión foi para Miguel Santos que entrando dende atrás remata abaixo e o balón vaise fora por moi pouco, e no 74 Isma nunha contra moi rápida entra na área e ante a saída do porteiro cruza o balón en exceso, saindo a beira do poste dereito da portería local.
Os locais nesta segunda parte, non levarían case perigo a portería de Carro, salvo no minuto 47 cando un fallo defensivo permite que o balón solto chegue a un dianteiro local, que por sorte acaba rematando fora o lateral da rede.
En resumo, cómoda victoria do Vila de Ordes que so pasou apuros dez minutos da primeira parte por erros propios, e na que o punto negativo foi a agresión sufrida por Rama no minuto 65 que obrigou o seu cambio, o recibir un malintencionado codazo na cabeza do xogador local dorsal 9, que o arbitro non quixo ver nin sancionar cunha máis que merecida bermella directa.
|
Ames 3 - Vila de Ordes 6


