Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Vila de Ordes 0 - Trazo F.C. 0 |
|
|
|
| Domingo, 03 de Enero de 2010 00:40 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sábado 2/01/2010. Campo Anexo de Vista Alegre. 18:00 horas. Boa entrada, nunha tarde bastante fria. Arbitro: Alberto Rey Nolano. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas a cinco xogadores locais, o entrenador local, e ó delegado local en dúas ocasións polo que foi expulsado no minuto 85; e polo Trazo únicamente a dous xogadores. Sen que serva de excusa, compre destacar a desastrosa actuación do colexiado, con erros para os dous equipos, pero perxudicando principalmente os locais, o non querer sinalar dous claros penaltys, un no minuto 5 sobre Isma que dentro da área foi derribado por detrás, e outro no minuto 50 sobre Tucho, que entrando en velocidade na área do Trazo, tamén foi derribado por detrás, ademais de anular un gol completamente legal a Ezequiel no minuto 24, quen remata de cabeza o fondo da rede o incorporarse atras dende posición correcta. E para rematar a faena sinala a favor do Trazo unha incrible pena máxima no minuto 65, por un forcexeo na área local. Ademais permitiu o xogo duro dos visitantes en numerosas ocasións, entre elas unha clara agresión dun xogador do Trazo que tiña que ser expulsado no minuto 50, e so lle mostrou amarela. Parecia máis preocupado en amonestar as protestas, que cortar o xogo duro visto en fases do partido. COMENTARIO: Coincidindo co comezo da segunda volta, e posiblemente nun dos peores partidos do Vila de Ordes nesta temporada, rematou a racha de 9 victorias consecutivas dos locais, ante un rival complicado, e cun mal partido dos xogadores do Vila, que en ningún momento desplegaron un bo xogo, algo perdidos no campo, e con poucas ocasións para o que viña sendo habitual no xogo local, sendo a máis clara para Isma nesta primeira parte, ademáis do gol anulado. Os visitantes tampouco realizaron níngún futbol, abusando dos balóns en largo, froito do que tiveron unha moi boa ocasión no minuto 30, nun claro fallo defensivo polo que o balón acaba chegando o dorsal 9, pero cando encara a Carro sen marca algunha dipara raso, pero Carro resposta cunha boa intervención que evita o gol visitante. Na reanudación a tónica do partido seguiu sendo a mesma, cun Trazo que non inquietaba, e cun Vila de Ordes que pese a intentalo, non conseguía realizar un bo xogo, con moitas perdas de balón, posesións moi cortas, pases precipitados, etc. Nesta parte as ocasións tamén foron escasas, sendo a máis clara no minuto 55 nunha xogada de Manu Santos pola banda, e o seu centro rematao de cabeza Isma saindo o balón a beiriña da base do pao esquerda da portería visitante; e para o Trazo, o penalty que executa o xogador á esquerda de Carro, pero o cancerbeiro local noutra boa intervención evita novamente o gol, convertendose así na figura do partido. En resumo, un partido para esquecer, esperando que este empate fose algo pasaxeiro, e mellore o xogo no vindeiro encontro contra o 2º clasificado en Bertamiráns o vindeiro domingo. |
Vila de Ordes 0 - Trazo F.C. 0


