Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Bertamirans B 2 - Vila de Ordes 3 |
|
|
|
| Domingo, 10 de Enero de 2010 22:51 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Domingo 10/01/2010. Campo de herba artificial de Bertamirans. 16:00 horas. Asistencia duns 50 afeccionados do Vila de Ordes aproximadamente. Arbitro: Gonzalo Goyanes López. Delegación de Santiago. Mostrou 7 amarelas a xogadores visitantes, e por dúas veces a Alex que foi expulsado no minuto 54; e polo Bertamirans B 4 amerlas, en dúas ocasións o dorsal 4 expulsado no minuto 80. Mala actuación, sendo un arbitraxe bastante caseiro, e con moita facilidade para sacar tarxetas amarelas. GOLES: 1-0. Minuto 15. Dorsal 11 do Bertamirans B, nun claro erro da defensa visitante. 1-1. Minuto 18. Pablo Castro, tras recoller un balón solto na área local. 2-1. Minuto 25. Novo fallo defensivo, que permite o dorsal 11 do Bertamirans B acadar o seu segundo gol 2-2. Minuto 70. Iván marca de tiro raso cruzado, tras xogada persoal. 2-3. Minuto 80. Miguel Santos marca de cabeza no primeiro pao o rematar un saque de esquina. COMENTARIO: Importante victoria ante o segundo clasificado, nun vibrante partido, cunha primeira parte de dominio máis local, mentres que a segunda foi claramente de control visitante, e na que pese a inferioridade numérica que sufriu o Vila de Ordes durante a meirande parte da mesma, conseguiu unha remontada merecida. Na primeira parte as ocasións claras foron máis ben contadas, pero ainda así o Vila de Ordes puido ter empatado o partido nun tiro de Tucho que o porteiro local conseguiu atallar na mesma liña de gol. E ainda que tamén con poucas ocasións de gol na segunda parte, o empate visitante puido chegar antes en dúas boas ocasións, primeiro nunha falta de Rama que toca un xogador e cambia a súa traxectoria, pero novamente cando ia a entrar consegue desviar o balón o cancerbeiro local; e pouco despois nunha falta que Pablo Castro envía o largueiro. En resumo, unha sufrida e traballada victoria que permite o Vila de Ordes acercarse a tres puntos do Bertamirans B e as primeiras prazas, e que demostra que é necesario esforzarse durante os noventa minutos de cada partido para sacar os resultados adiante. Pero sen esquecer que so é un pequeno paso para o Vila de Ordes, xa que a segunda volta non acaba máis que comezar, e haberá outros partidos complicados. |
Bertamirans B 2 - Vila de Ordes 3


