Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Entrevista en Radio Obradoiro |
|
|
|
| Miércoles, 13 de Enero de 2010 21:18 |
|
Hoxe sobre das 20:40, no programa de deportes en Radio Obradoiro do presentador Javier Iglesias realizouselle unha pequena entrevista o noso adestrador. Entre outras cousas falouse de: - a victoria traballada do domingo sobre o Bertamirans B - a situación na liga, cos dous primeiros clasificados moi fortes, o que fará que chegar a eses postos sexa difícil, xa que non so o Vila de Ordes o intenta, senón que hai dous ou tres equipos máis - destacou a boa actitude dos xogadores despois dun mal comezo de liga - e tamén destacou o apoio da afección, da que so se poden decir boas cousas - se a creación do Vila de Ordes foi para cubrir un vacio que o outro equipo da vila non cubría, ante o cal a resposta foi afirmativa, xa que así moitos rapaces que saían das categorías inferiores do Ordes tiñan un equipo na mesma vila sen ter que desprazarse fora para poder xogar o fútbol - e para rematar, o presentador preguntoulle a Carril, se o Vila de Ordesa non faría un bo filial do Ordes, o que o noso adestrador tras un longo silencio, respostou que non, dicindo “O Ordes é o Ordes, e nós somos nós”. |
Entrevista en Radio Obradoiro


