Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Vila de Ordes 2 - Rial 0 |
|
|
|
| Domingo, 17 de Enero de 2010 10:50 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
16/01/2010. Campo Anexo de Vista Alegre 18:00 horas. Asistencia de afeccionados menos numerosa do habitual. . Arbitro: Joaquin Rivas Lafuente. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas a Iván polos locais, e os dorsais 8 e 9 do Rial, nun partido sen complicacións, ainda que seguiu o xogo de lonxe en moitas fases do partido, e permitiu o contacto en repetidas ocasións. Non sinalou unha clara pena máxima sobre Julio no minuto 35. GOLES: 1-0. Minuto 41. Isma realiza unha gran xogada persoal arrancando dende a banda, supera a dous defensas, e toca o balón cara o punto de penalty onde Tucho marca de tiro raso. 2-0. Minuto 45. Rama realiza un saque de esquina o 1º pao, o balón toca o chan a altura do poste e remata no fondo da portería visitante.. COMENTARIO: Partido con ausencias e cambios no equipo inicial trala victoria de Bertamiráns, e que comezou con varias ocasións locais para Isma e dúas nas botas de Pablo Castro, pero a máis clara sería no minuto 28 cando nunha contra Isma entra sen marca na área visitante, pero o seu tiro vaise por riba da portería. Despois sería un moi activo Julio quen tivo as mellores ocasións primeiro no minuto 32 un remate de cabeza que atalla o porteiro e despois a xogada á contra, na que Julio entra na área visitante e o defensa agarrao pola camiseta para finalmente derribalo, pero o colexiado non quixo saber nada da xogada. Co dous a cero no marcador, e froito da xogada tonta do partido, o Rial puido recortar distancia no marcador, cando coa primeira parte rematada, un balón largo do Rial, golpea en Manteiga desviando a traxectoria do esférico da saída de Juanele, e cando xa case traspasaba a liña de gol, foi depexado por Alex Varela. Isto foi o maior perigo que o Rial levou a meta do Vila de Ordes nos primeiros 45 minutos. Na reanudación, a tónica foi a mesma, claro dominio local pero con menos ocasións, con moitas xogadas con demasiada posesión e pouca verticalidade, e destacar outro posible penalty a Julio que cando entraba na área é derribado por detrás no minuto 50, e máis tarde un par de xogadas de Ezequiel pola banda, sobre todo a primeira que remata con tiro de Aitor. O Rial, o igual que na primeira parte, pouco xogo e menos ocasións, salvo as que lle permitia a zaga local, como no minuto 56 cando un fallo defensivo fai a Juanele sair da súa portería, quedando o balón solto os pes dun dianteiro visitante, pero novamente Alex Varela evita o gol; e pouco despois no minuto 63 unha cesión de cabeza na área local, que case sorprende a Juanele pero reacciona axilmente e atalla o balón. En resumo, partido gris, na que se notaron as ausencias e os cambios, no que a vantaxe o descanso pareceu acomodar o equipo local, e que se saldou coa xusta victoria local, , esperando que o xogo realizado fose algo pasaxeiro, e mellore cara o encontro contra o 1º clasificado en Ortoño o vindeiro domingo. |
Vila de Ordes 2 - Rial 0


