Inicio Ortoño vs Vila de Ordes

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Ortoño vs Vila de Ordes PDF Imprimir E-mail
Domingo, 24 de Enero de 2010 13:57

O Vila de Ordes viaxa a Ortoño en busca da vitoria ante o lider da categoría, invicto ata o momento.

O equipo adestrado por Carril necesita os tres puntos para seguir inmerso na pelexa polos postos de ascenso, ainda que non será fácil ante un conxunto que non coñece a derrota e solo concedeu dous empates.

Para elo o VDO, conta con variantes na convocatoria respeto o ultimo partido fronte o Rial. Volven os sancionados Alex e Miguel Santos é Manu Santos que quedara fora por decisión técnica. Caense da convocaria os lesionados Oli e Juanito e por decisión técnica Aitor, Ezequiel, Civera e unha semana máis Nhorze.

O lider intratable, o Ortoño, marcha oito puntos por encima do Vila (3º) con 36 puntos a espera do que suceda esta tarde. Os precedentes da tempada pasada son: (0-1) para o VDO en Ortoño e (2-2) en Ordes. Esta tempada coincidindo co desastroso inicio de tempada do Vila de Ordes, o Ortoño gañou claramente en Vista Alegre (1-4).

Por tanto importantisimo partido, que xuntado o empate (2-2) acadado polo Tordoia en Bertamiráns esta xornada, será ainda máis importante e o que seguro que responderá ca súa asistencia os socios e simpatizantes do Vila de Ordes, maioria nos campos alá onde vamos.