Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Ortoño 1 - Vila de Ordes 1 |
|
|
|
| Lunes, 25 de Enero de 2010 16:09 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Domingo 24/01/2010. Campo de San Xoán de Ortoño. 16:00 horas. Asistencia dun cento de afeccionados, a maioría siareiros do Vila de Ordes. Arbitro: Abel Fernández Lodeiro. Delegación de Santiago. Mostrou 9 amarelas a xogadores do Vila de Ordes, e 6 amarelas a xogadores locais. Asistencia de dous pouco acertados arbitros auxiliares, e tamén de Delegado Federativo. O colexiado tivo unha labor sen grandes erros, ainda que a instancias dun arbitro asistente concedeu unha pena máxima inexistente o Ortoño no minuto 80, nunha xogada de pillería do dianteiro local que agarra a Rama e tirase na área do Vila de Ordes, picando o asistente xa que o colexiado non sinalou nada nesa xogada e o balón xa se encontraba no medio do campo. Cabe sinalar unha excesiva facilidade para sacar tarxetas amarelas, xa que de dúas na primeira parte pasouse a 13 na segunda, e tal vez puido cortar o xogo moito antes evitando así varias tanganas que se formaron, e perdoando a expulsión en dúas ocasións o dorsal 2 local. GOLES: 1-0. Minuto 80. Dorsal 11 o transformar a pena máxima inexistente, chegando Carro a tocar o balón pero sen ser suficiente para evitar o gol 1-1. Minuto 89. Xogada por banda de Tucho, que toca o balón raso a Iván dentro da área onde é derribado, sinalando o colexiado pena máxima. Transforma Rama de tiro raso a esquerda do porteiro, que se tira ben pero non atalla o balón. COMENTARIO: Partido da xornada entre o Vila de Ordes e o primeiro clasificado o Ortoño, nun terreo de xogo en malas condicións, moi irregular, e pesado sobre todo polas bandas, que posiblemente perxudicou máis os visitantes que non puideron realizar o seu xogo habitual con máis toque de balón, algo moi dificil no campo nesas condicións. O encontro foi moi disputado, con ocasións para ámbolos dous conxuntos, sendo a primeira ocasión no minuto 5 para os visitantes nun saque de esquina que remata Isma de cabeza cara a escuadra e cando parecía entrar, o porteiro local saca o balón nunha boa intervención. A ocasión seguinte sería local, nun balón largo que recolle o dorsal 9 para disparar o lateral da rede, rompendoa e entrando o balón na portería, polo que os locais celebraron gol, pero o colexiado ben posicionado anula a xogada. E dous minutos despois nunha indecisión da defensa visitante permitelle o dorsal 10 disparar cando encara a Carro, pero este nunha magnífica intervención evita o gol. E a derradeira ocasión a sinalar desta primeira parte, sería en xogada persoal de Miguel Santos que corta un defensa local no borde da área, enviando o balón cara a sua portería, e cando xa entraba, novamente o porteiro local saca o balón na mesma liña de gol. Na reanudación o partido transcurria como nos primeiros 45 minutos, con posesións cortas para os dous equipos, moitos balóns en longo, e pouco xogo efectivo, xa que o balón estaba moito tempo parado ou fora do campo. Terían os locais dúas claras ocasións de adiantarse no marcador, primeiro no minuto 53 cunha falta que o dorsal 6 dispara a portería saindo desviada por pouco, pero sobre todo no minuto 57, nunha das mellores xogadas do partido, entrando pola banda esquerda do Vila, e o centro pasease por diante da portería de Carro, chegando no segundo pao libre de marca un xogador local que dispara desviado a rentes do pao. A resposta sería no minuto 61, nunha nova xogada por banda de Tucho que mete o balón a área, onde o acaba recollendo Miguel Santos que dispara o pao, e o rechace remata cun novo disparo que se vai fora. E no 69, noutra xogada pola banda de Tucho, que centra indo o balón á beira da área pequena local onde é cabeceado por Isma alto, sacandolle o balón a Iván que entraba por detrás súa sen marca algunha. E así, chegouse os quince minutos finais, onde ocorreu de todo, varias tanganas, multitude de tarxetas amarelas, dúas penas máximas sendo a local máis que dubidosa, un arriscado cambio de táctica con defensa de tres e Nhorze e Alex xogando en punta, e catro ou cinco minutos de desconto, rematando todo nun empate que non deixa satisfeitos a nengún dos dous equipos, e mantendo a clasificación máis ou menos igual, coa mesma diferencia de puntos nos postos altos da táboa. |
Ortoño 1 - Vila de Ordes 1


