Inicio Luaña vs Vila de Ordes

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo)

 
Luaña vs Vila de Ordes PDF Imprimir E-mail
Domingo, 31 de Enero de 2010 10:49

Segundo partido consecutivo como visitante para o Vila de Ordes que viaxa a Luaña.

O Vila de Ordes enfrontase o equipo ante o que comezou a súa recuperación, dende o partido da primeira volta o equipo adestrado por Carril non coñece a derrota. Tampouco coñece a derrota o equipo ante o Luaña que ata agora suma os enfrontamentos por vitoria (1-0) na primeira volta, e (2-1) e (1-5) a tempada pasada.

O VDO espera seguir sumando ante un equipo o que tamen lle costou arrancar pero que xa se atopa décimo con 18 puntos. Non será fácil xa que o Vila conta cas baixas por lesión de Carro, Manteiga, Iván e Alex; por sanción: Manu Santos e Luis e por motivos personais: Ezequiel e Pablo Castro. Os quince xogadores restantes son os convocados.

Solo recordar que o partido será as 16:00 horas en Luaña, e resaltar a grandeza da afición que se despraza en masa como fixo o pasado fin de semana a Ortoño.