Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo). |
| Luaña 0 - Vila de Ordes 2 |
|
|
|
| Martes, 02 de Febrero de 2010 19:08 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Domingo 31/01/2010. Campo de Luaña. 16:00 horas. Asistencia de algo menos de cen afeccionados, novamente a meirande parte siareiros do Vila de Ordes. Arbitro: Alberto Suarez Pazos. Delegación de Boiro. Mostrou amarelas a Aitor e Alex, e a dous xogadores locais. Regular actuación seguindo o xogo dende lonxe e sinalando poucas faltas, pero sen complicarse en ningún momento. GOLES: 0-1. Minuto 10. Balón sacado dende atrás por Lequio cara Julio que controla e deixa de cara a Bili, metendo este un bo pase entre liñas a Miguel Santos que penetra pola banda e toca o balón o punto de penalty onde marca Tucho de tiro raso. 0-2. Minuto 70. Saque de banda realizado por Rama colgando o balón na área local, peina Bili o borde da área pequena e remata Deivi cruzando o balón fora do alcance do porteiro local. COMENTARIO: Segundo partido fora de casa, esta vez ante o Luaña, no que se conseguiu unha victoria importante pese as numerosas baixas coas que o Vila chegaba o partido. O dominio foi total e absoluto dos visitantes, con numerosas ocasións que puideron aumentar o marcador final, e con rachas de bo xogo pese o irregular do terreo de xogo, entrando ben polas bandas sobre todo na primeira parte. En fronte un equipo local que non inquietou case para nada a portería defendida esta vez por Juanele, e que o seu xogo consistia en desprazamentos en longo e balóns colgados a área visitante a busca do gol. Dende o comezo do partido as ocasións sucedíanse unha tras outra a favor dos visitantes, sendo as máis destacadas no minuto 6 en xogada ensaiada que termina cun tiro de Rama, quen no minuto 9 executaría unha falta que se vai fora por pouco. Despois do gol, sería Tucho no minuto 20 en xogada persoal, pero xa dende dentro da área local dispara o lateral da rede Tres minutos máis tarde veríase unha das mellores ocasións nun balón que recibe Miguel Santos de Julio, controla e realiza un gran tiro que se vai o longueiro da portería local. No 26 sería Rama quen recibe un balón de Nhorze na área local pero o seu intento de vaselina vaise fora. E no 30 tería a outra mellor ocasión visitante nesta primeira parte cando en xogada persoal Aitor dispara dende o borde da área, pero o balón é rechazado polo pao, e non chegan nin Julio nin Miguel Santos. No minuto 32 tería o Luaña o único acercamento con perigo, nun balón colgado na área, e tras un barullo o balón sacao finalmente a defensa visitante. Sería un espellismo, xa que nos quince minutos restantes alomenos o Vila de Ordes chegou con claridade en sete ocasións a meta local, nas botas de Aitor por dúas veces, Bili, Rama tamen en dúas ocasións, o igual que Miguel Santos. Nos segundos 45 minutos, o ritmo do partido baixou un pouco así como as ocasións, foi entrando ó campo a xente do banquiño, pero o control e dominio do esférico seguian sendo visitantes. A única ocasión local nesta parte foi no minuto 68 unha falta lateral no borde dereito da área visitante, que o dorsal 10 dispara as mans de Juanele. E exceptuando o gol, as ocasións a resaltar nesta continuación serían un tiro de Bili dende lonxe que saca o porteiro con apuros no minuto 65, no 75 unha xogada de Deivi que centra o segundo pao e alí Civera sen deixar baixar o balón realiza un forte tiro que se vai cruzado en exceso a beiriña do pao, e no minuto 80 a derradeira ocasión sería para Isma que lle rouba o balón a defensa pero o seu tiro frouxo atallao o porteiro local. Como resumo pódese dicir que a victoria foi máis que xusta e merecida para o Vila de Ordes, quen puido acadar máis goles o seu favor sen case oposición do Luaña, e que ainda coas baixas existentes a actitude do equipo foi moi boa, e a base de traballo sacouse adiante o partido. DESTACADOS: Ademais dos xogadores habituais, Bili que participou nos dous goles e traballou moito no centro do campo, e Nhorze que tras unha breve pero boa actuación en Ortoño, retrasou a súa posición o centro da defensa onde realizou unha boa labor, con cero faltas no seu haber. |
Luaña 0 - Vila de Ordes 2


