Inicio Vila de Ordes 1 - Tordoia 0

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo)

 
Vila de Ordes 1 - Tordoia 0 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 07 de Febrero de 2010 12:16

 

VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO
2 MANU SANTOS
3 RAMA
4 LÓPEZ (Cap.)
5 LUIS
6 LEQUIO
7 TUCHO
8 BILI 75' JULIO
9 ISMA 65' AITOR
10 ALEX

72' MANTEIGA

11 MIGUEL SANTOS 85' CIVERA
RESERVAS
12 MANTEIGA
13 JUANELE
14 CIVERA
15 AITOR
16 JULIO

Sábado 6 de Febreiro de 2010. Campo Anexo de Vista Alegre. 18:00 horas. Algo máis de cen afeccionados. 

Arbitro: Sergio Silva Mella. Delegación de Santiago. Mostrou amarelas a Rama, Luis, Tucho e Miguel Santos., e a cinco xogadores visitantes. A súa actuación estivo marcada por permitir o xogo duro e as numerosas faltas do equipo visitante, sen sanción adecuada na maioría das mesmas.

GOLES:

1-0. Minuto 85. Falta colgada a área por Rama, e o balón tras tocar en varios xogadores, acaba sendo rematado o fondo da rede por Julio.

COMENTARIO:

Importante victoria a conseguida ante un correoso Tordoia, que durante os noventa minutos non demostrou o por qué da súa situación na táboa, cunha táctica claramente defensiva, encerrado no seu campo e que apenas sobrepasou a liña do medio campo, sen perigo algún para a meta de Carro. Por contra, os locais desplegaron un bo xogo, disfrutaron de numerosas ocasións e dominaron o partido de principio a fin ante a nula oposición visitante.

 A primeira parte comezou con varias ocasións locais, ata seis nos primeiros vinte minutos, sendo a máis clara de Isma no minuto 8 cando tras pelear un balón consegue roubalo pero o encarar o porteiro realiza un tiro apurado que se vai alto. Pero tamén Tucho que estivo moi activo pola banda, tivo dúas nas súas botas, sobre todo a segunda no minuto 15 cando despois de penetrar na área o seu tiro golpea no lateral da rede. As restantes serían por partida dobre para Alex, e outra para Isma tras unha boa xogada de Miguel Santos.

 E así, sendo o partido un monólogo do Vila de Ordes, co control do xogo e o esférico totalmente locais, chegarían as dúas mellores xogadas da primeira parte pola banda dereita. A primeira sería no minuto 28 iniciada por Tucho o que desdobra Manu Santos, recibe o balón e centra, pero no remate Alex so chega a rozar o balón de cabeza quitandolle o balón a Miguel Santos que entraba por detrás sen marca algunha. E sobre todo a do minuto 33, novamente pola mesma banda e o mesmo xogador Tucho, continua Manu Santos que centra, remata defectuosamente Miguel Santos de chilena, indo o balón cara Isma que deixa de cara a Alex quen empalma un gran tiro, pero o porteiro visitante chega a tocar o balón o xusto para que sexa rechazado polo longueiro. 

A segunda parte sería máis do mesmo, cuns primeiros dez ou quince minutos co Vila acosando insistentemente a portería visitante, sendo o máis activo nestes intres Rama, fronte a un Tordoia encerrado na súa área. A mellor ocasión deste tramo de partido sería tras xogada de Tucho pola banda, e o seu centro rematao ben Miguel Santos pero o porteiro visitante consegue desviar a corner con dificultades.

O dominio local era continuo, mentres que o Tordoia dedicabase a encerrarse á defensiva renunciando ó ataque e continuaba empleandose con excesiva dureza acumulando falta tras falta na súa contra, pese a que o colexiado non estaba moi acertado o sinalar as mesmas. Seguíanse sumando as ocasións locais, esta vez para Aitor primeiro nun balón que lle saca a defensa visitante cando xa estaba preparado para cabecear un centro dende a banda, e despois nun tiro na área visitante que se vai fora.

A nota negativa do partido foi sobre do minuto 75 cando nunha disputa do balón, un xogador visitante agrede a Tucho á altura do banquillo local, saltando polas dúas partes os xogadores reservas o campo, creandose unha pequena tangana, na que o adestrador visitante no lugar de mostrar algo de sentido e separar os xogadores, dedicouse a encararse e empurrar a varios xogadores locais. Finalmente coa mediación de xogadores de ámbolos dous conxuntos conseguese tranquilizar a cousa e continuar o partido. E o colexiado salda esta acción mostrando tarxeta amarela a Tucho e o xogador que o agrediu, sancionando os dous por igual inexplicablemente.

Nos minutos finais habería tempo para un par de ocasións locais, entre elas a do gol que daba os tres puntos o Vila de Ordes, de forma máis que merecida ante un rival que non demostrou nada durante o encontro.

Destacados:

Polo Vila de Ordes: Lequio, que realizou un gran  labor e pouco valorada en defensa, dando un grao de veteranía necesario en momentos difíciles de partidos como este; e Alex, que participou moito no xogo cun gran gasto físico, tanto defensiva como na faceta atacante, ainda que nesta útlima pouco acertado.

Polo Tordoia: o porteiro visitante, que tivo boas actuacións que impediron un marcador máis abultado.