Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Deixebre vs Vila de Ordes |
|
|
|
| Domingo, 14 de Febrero de 2010 12:43 |
|
O Vila de Ordes desprazase a Deixebre ca mente posta en seguir sumando de tres en tres para non perder comba ca cabeza da taboa clasificatoria. O rival, o Deixebre, está a facer unda das peores tempadas que se lle recordan nos últimos anos, marchan na parte baixa da clasificación, pero seguro que serán un gran rival, un partido intenso por iso da rivalidade sán que provoca a cercanía. O Vila de Ordes contará esta semana case que cá totalidade do plantel. Baixas fixas son: Deivi, Nhorze e o lesionado Oli, que ten moitas posibilidades de perderse o que resta de tempada. Os precedentes son dispares pero favoren o VDO, empate en (0-0) en Ordes e derrota (1-0) en Deixebre a tempada pasada e duas victorias esta tempada (1-3) en pretempada e (4-0) na primeira volta en Vista Alegre. Unha semana máis, e dada a cercanía, seguro que os socios e afecionados do Vila se desprazan en masa, polo que solo queda dar mil veces grazas. Increíblemente nos últimos encontros o equipo está captando os mesmos afeccionados en Ordes que nos desprazamentos. O Partido en Deixebre hoxe domingo as 16:15 horas, con tarde fría pero sen choiva.
|
Deixebre vs Vila de Ordes


