Inicio Costoia 2 - Vila de Ordes 7

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Costoia 2 - Vila de Ordes 7 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 01 de Marzo de 2010 00:49

 

 

VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO 48' JUANELE
2 MANU SANTOS 50' AITOR
3 RAMA
4 IVAN
5 LEQUIO (Cap.)
6 CIVERA
7 ISMA
8 BILI 50' LUIS
9 JULIO
10 ALEX

65' NHORZE

11 MIGUEL SANTOS 48' MANTEIGA
RESERVAS
12 MANTEIGA
13 JUANELE
14 LUIS
15 AITOR
16 NHORZE

 

Domingo 28 de Febreiro de 2010. Campo Municipal de Bertamiráns. Pouco público. 

Arbitro: Jose Gude González. Subdelegación de Boiro. Nun partido sen complicacións non amonesteu a ningún xogador, e tivo unha boa actuación ainda que en ocasións seguio o xogo dende demasiado lonxe cometendo así erros sobre todo nos foras de xogo.  

GOLES:

0-1. Minuto 15. Falta lateral que Iván remata no primeiro pao o fondo da rede. 

0-2. Minuto 25. Gran xogada de Miguel Santos que entrando dende a banda fai o pase da morte cara atrás, e marca Alex.

0-3. Minuto 30. Nova xogada de Miguel Santos, similar a anterior, e de novo marca Alex.

0-4. Minuto 45. Saque de banda que recibe Alex no borde da área local, coloca o balón para Rama que marca de tiro raso.

0-5. Minuto 60. Desprazamente en longo de Iván, que recibe Aitor no borde da área, controla e marca por baixo.

1-5. Minuto 65. Perda de balón da defensa visitante que remata en falta, e o saque da mesma en primeira instancia é rexeitado pola barreira, pero empalmando un forte chut o dorsal 6 envía o  balón  a escadra da portería de Juanele que non pode facer nada.

1-6. Minuto 67. Contraataque con pase á defensa da espalda local, que aproveita Nhorze para controlar o balón, encarar o porteiro e marcar cun tiro de calidade a media altura.

1-7. Minuto 75. Gran xogada de Civera que se vai de canto rival lle aparece por diante, entra na área e alí é claramente derribado por detrás, sinalando a pena máxima o colexiado. Transforma en gol o capitán Lequio cun tiro colocado enganando totalmente o porteiro local.

2-7. Minuto 80. O dorsal 3 recibe o balón en posición de claro fora de xogo por moitos metros, encara a Juanele e marca. Pese as protestas visitantes, o gol sube o marcador.

COMENTARIO:

Partido dominado de principio a fin polo Vila de Ordes, que non encontrou oposición algunha no equipo local. Ainda que o resultado parece abultado, en realidade puido ser moito maior, xa que os visitantes crearon ocasións claras de gol continuamente, e o esférico estivo case os noventa minutos na zona de ataque do Vila.

Tiveron boas ocasións na primeira parte Miguel Santos, Julio, Alex, Isma,  pero destacando sobre todas a de Rama no minuto 43 cando rompendo o fora de xogo, prantase sen marca algunha diante do porteiro, pero o seu tiro é rexeitado polo corpo do caminuto 44, nunha gran xogada de Isma por banda que centra ó interior da área, e alí Alex send deixar baixar o balón dispara saindo fora por ,pouco.

E na segunda as ocasións continuaron, dispoñendo delas Julio, Aitor, Rama, Nhorze, sendo as máis claras as dos minutos 81 de Julio que en xogada persoal entra na área, pero cando dispoñía da portería vacia unha vez superado o porteiro local, e escorado a esquerda intenta o tiro pero o balón vaise fora, e no 85 en xogada persoal de Luis que chega ata a área local, onde lle fan un claro penalty, pese o que intenta continuar coa xogada, pero xa desequilibrado realiza un tiro que se pasea por diante da portería o que non chega ningún rematador. 

Como resumo, dicir que foi unha cómodo victoria, que puido ser moito maior, e que serviu para recuperar a "Aitormenta" que conseguiu o seu primeiro gol despois da grave lesión do ano pasado, e para ver o que moi poucos ollos recordaban ainda que escoitaran falar, que non é outra cousa que a Nhorze marcando un gol de calidade.