Inicio Vila de Ordes 8 - Ames 0

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Vila de Ordes 8 - Ames 0 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 08 de Marzo de 2010 16:58

 

 

VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO
2 MANU SANTOS
3 CIVERA

52' JULIO

4 MANTEIGA
5 LEQUIO (Cap.)
6 IVAN 55' LUIS
7 RAMA
8 BILI 59'  LÓPEZ
9 ISMA 78' JUANELE
10 ALEX

 

11 MIGUEL SANTOS 59' AITOR
RESERVAS
12 LUIS
13 JUANELE
14 LÓPEZ
15 AITOR
16 JULIO

Sábado 6 de Marzo de 2010. Campo Anexo de Vista Alegre. Pouco público. 

Arbitro: Alberto Mariano Estevez. Delegación de Santiago. Partido sen complicacións, amoestando unicamente a dous xogadores visitantes. Anulou dos goles locais de Alex, un en cada parte, por suposto fora de xogo.

GOLES:

1-0. Minuto 2. Xogada por banda esquerda de Miguel Santos que preto da liña de fondo centra, o balón toca no dorsal 2 e remata no fondo da rede.  

2-0. Minuto 7. Rama inicia xogada en banda, continúa Alex que centra, recibe o balón Isma pero cometen pena máxima sobre él. Transforma Civera.

3-0. Minuto 27. Manu Santos cambia o xogo á banda esquerda a Miguel Santos, que controla, internase na área e marca de forte tiro raso. 

4-0. Minuto 36. Gran xogada de Isma que arranca en velocidade dende a banda, entra na área tras superar a dous defensas, toca o balón atrás para que Miguel Santos marque novamente de tiro raso. 

5-0. Minuto 42. Saque de esquina quedando o balón solto dentro da área visitante, e finalmente Isma recolle o balón e marca cun forte chut.

6-0. Minuto 75. Nova boa xogada persoal de Isma que dende o centro do campo vaise en velocidade, penetra na área e ante a saida do porteiro marca cun tiro forte e colocado a media altura. 

7-0. Minuto 84. Xogada de Julio pola banda dereita, toca atrás e alí Juanele coloca o balón na base do pao, lonxe do alcance do porteiro. 

8-0. Minuto 87. López inicia xogada dende atrá índose da defensa visitante cun máginifico autopase, e a beira da área do Ames, toca cara Aitor que so ten que empuxar o balón ó fondo da rede. 

COMENTARIO:

Novo partido sen dificultade para o Vila de Ordes, ó igual que o domingo pasado contra o Costoia, dominando os locais o partido totalmente durante os noventa minutos, e tamén nesta ocasión cun resultado nada excesivo para as moitas ocasións que tiveron os xogadores locais.

Na primeira parte a maiores dos goles, estivo moi activo Miguel Santos que tivo algunha ocasión máis para aumentar a súa conta, pero o claro dominio local non se convertiu en máis goles o seu favor.

Sería o inicio da segunda parte, antes do seu cambio, cando Miguel Santos tivo a súa derradeira ocasión en xogada persoal, pero despois de regatear ata tres defensas, o seu tiro é despexado pola defensa, e non chega ningún compañeiro o rechace. Pouco despois sería un bo tiro de Rama que saca o porteiro nunha boa intervención. No minuto 55 tras un tiro de Alex, Julio tivo a súa mellor ocasión, pero sen oposición algunha o seu tiro vaise fora.

No minuto 65 os visitantes tiveron a súa única clara ocasión de gol, cun tiro do dorsal 8 o pao dereito da portería de Carro, que non tivo máis ocasións de perigo na súa meta no resto do partido.

Tres minutos despois, noutra boa xogada persoal de Isma, que en velocidade plántase na área visitante, e diante da saída do porteiro realiza un tiro cruzado que repele a base do pao. No 70, esta vez sería Julio quén se vai en velocidade, entra na área, e o seu tiro vaise o corpo do porteiro. E dous minutos despois, novamente Julio ten unha boa ocasión de gol, recollendo un rechace, pero o seu remate é repelido polo longueiro. Incluso Juanele tería outra ocasión pero o seu remate sae desviado.

Partido sen moito comentario, cun Vila de Ordes moi superior, e cunha segunda parte con moitos cambios para dar minutos os xogadores menos habituais durante o resto da temporada, conseguindo novamente gol "Aitormenta", e xogadores menos goleadores como Civera, ou o porteiro suplente Juanele que como xogador de campo xa leva dous goles na sua conta persoal.