Avisos
Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo) |
| Vila de ordes 15 - Sionlla 1 |
|
|
|
| Domingo, 28 de Marzo de 2010 16:04 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sábado 27 de Marzo de 2010. Campo Anexo de Vista Alegre. Pouco público. Arbitro: Juan Jose Raices Souto. Delegación de Santiago. Partido sen complicacións, amoestando con tarxetas amarelas a Lequio, Nhorze e Isma, e a dous xogadores visitantes. GOLES: 1-0. Minuto 20. Xogada persoal de Manu Santos que tras regatear a un defensa dentro da área, marca de tiro raso, desquitandose así da pena máxima non transformada en gol minutos antes. 2-0. Minuto 30. Balón colgado a área visitante, Aitor baixa o balón deixandollo a Bili de cara, que entrando dende atrás golpea forte e envía o balón o fondo da rede. 3-0. Minuto 37. Manu Santos centra dende a banda e Julio remata de cabeza. 4-0. Minuto 44. Isma recolle o balón no medio do campo, vaise en velocidade e dende o borde da área solta un forte tiro que remata en gol. 5-0. Minuto 53. Civera sorprende o porteiro visitante dende case o medio do campo cun balón forte e colocado. 6-0. Minuto 59. Rama marca dende o borde da área coa sua perna dereita. 7-0. Minuto 65. Balón colgado na área visitante que López remata o fondo da rede. 8-0. Minuto 66. Falta lateral colgada na área, e Manteiga remata en semivolea dende o punto de penalty. 9-0. Minuto 70. Miguel Santos marca de tiro raso tras xogada persoal. 10-0. Minuto 75. Tras saque de esquina o balón queda solto na área rival, e López aproveita para cruzar o balón o fondo da portería. 11-0. Minuto 80. Tiro de Miguel Santos dende o borde da área, que Bili desvía en última instancia. 12-0. Minuto 82. Nova xogada de Miguel Santos que tamén remata en gol, colocando o balón a un lado do porteiro. 13-0. Minuto 84. Xogada por banda esquerda que continúa cun balón o segundo pao onde entra Lequio libre de marca, para enviar un tiro a media altura lonxe do porteiro. 14-0. Minuto 87. O habitual porteiro titular Carro, tras tres tiros consecutivos, consegue enviar o balón o fondo da portería do Sionlla, sen pasar o balón a Nhorze que estaba o seu lado totalmente libre de marca. 15-0. Minuto 89. Miguel Santos intenta un tiro raso dende o borde da área que se lle escapa o porteiro, conseguindo así o único "hat-trick" do partido 15-1. Minuto 90. Fallo da defensa local que regala o balón o dorsal 5 que entra na área e marca de tiro cruzado. COMENTARIO: Goleada historica, na que dos 14 xogadores convocados 11 deles conseguiron marcar, ante un equipo que arrancou co mínimo de xogadores necesarios para que o colexiado permitese o comezo do partido, e que co paso dos minutos foi aumentando en efectivos.
Ainda que o abultado do resultado pareza excesivo, quedouse corto para as moitas ocasións que tiveron os xogadores locais, incluindos dúas penas máximas non aproveitadas na primeira parte, a primeira por Manu Santos que enviou o seu tiro o corpo do porteiro do Sionlla, e a segunda por Nhorze que intentou marca o estilo "Panenka" pero o seu tiro foise o largueiro cando o porteiro xa estaba tirado a un lado. A maiores houbo dous tiros rexeitados pola madeira, e moitas outras ocasións desaproveitadas por Julio, Aitor, Isma, Bili, Carro, Rama, Miguel Santos, Lopez que buscou insistentemente conseguir tamén o triplete, etc, en definitiva case todo o equipo. O Sionlla tivo ocasión de conseguir gol moito antes, xa no minuto 47 cunha falta o borde da área local que foi rexeitada polo longueiro, e tamén no minuto 81 cando Juanele recibe un balón e intenta regatear o dianteiro, perdendo o balón e para a súa fortuna, o xogador do Sionlla envía o balón fora. Partido sen nengún tipo de dificultades para o Vila de Ordes, dominando os locais o partido totalmente pese a un comezo dubitativo. As baixas e cambios no equipo inicial do Vila de Ordes, xunto coa inferioridade numérica dos visitantes, non axudou os locais nos primeiros minutos, xa que lle costoulle meterse no partido incurrindo en moitos fallos e nerviosismo, tendo que pasar case a metade desta primeira parte para que o Vila comezase a desenvolver o seu xogo habitual de toque, fronte a un rival que nestes minutos plantou cara, pero despois conforme ian caendo os goles foise esvaecendo no campo. |
Vila de ordes 15 - Sionlla 1


