Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Chaián 0 - Vila de Ordes 1 |
|
|
|
| Domingo, 04 de Abril de 2010 12:14 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Xoves 1 de Abril de 2010. 12 horas. Campo de herba artificial de Chaián (Trazo). Arbitro: Jose Luis Pita Rey. Delegación de Santiago. Expulsou a Nhorze sobre do minuto 40 e a lopez no 70, ámbolos dous por dobre amonestación; e o porteiro local con bermella directa por agresión no minuto 70, e o dorsal 15 por dobre amonestación no minuto 80. Tamén amarelas a Carro, e os dorsais 6 e 8 locais. Permitiu o xogo duro local en demasiadas ocasións. GOLES: 0-1. Minuto 70. Balón ó cancerbeiro local, que abre cara a banda diante de Tucho que chega presionando o balón, e nese momento o porteiro saca o brazo e agrede claramente a Tucho na cara, derribandoo dentro da área. O colexiado expulsa o porteiro e sinala pena máxima que é transformada por Rama. COMENTARIO: Derradeiro partido da Liga 2009-2010, con victoria a domicilio sobre o Chaián, co cal o Vila de Ordes remata en terceira posición sen posibilidade de ascenso. O partido disputado pola mañá tivo alternativas no dominio e control do mesmo, así como ocasións para ambos conxuntos, pero finalmente a xogada clave foi a pena máxima que lle dou o gol os visitantes. Ainda que o Vila puido adiantarse anteriormente na máis clara ocasión de gol do partido no minuto 65, nunha xogada persoal de Miguel Santos que se vai da defensa local, penetra na área pero o seu tiro raso toca na perna do porteiro local acabando en saque de esquina.
|
Chaián 0 - Vila de Ordes 1


