Avisos
| Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ). |
| Vila de Ordes 3 - Luaña 1 |
|
|
|
| Sábado, 13 de Noviembre de 2010 21:52 |
|
O Vila de Ordes, tralo tropezo da semana pasado, conseguiu nesta tarde de temporal de choiva e vento, unha nova victoria fronte o Luaña. O VDO alineou: Juanele (62'. Abel), Manu Santos, Rama, Magic, Jose, Alex, Juanin ( 55'. Iván), Bili, Aitor (65'. Figo), Ezequiel (77'. Julio), Félix (46'. Isma). Partido pobre na primeira metade, con dominio local como case en todo o partido, e con dúas claras ocasións de gol para Aitor e Juanin, que non transformaron, e un gol de falta que o colexiado anula por suposto fora de xogo. Na reanudación, no minuto 47, un penalty sobre Bili, permite a Rama transformalo en gol. Pouco despois, no minuto 63, Ezequiel disputa un balón no interior da área visitante, e dende o chan remata a gol. E sen tempo para recuperarse, o Luaña recibe o terceiro no minuto 65, nun contraataque rápido de Isma, que encara o porteiro e marca. Incluso Ezequiel conseguiría un cuarto gol que novamente foi anulado polo colexiado por suposto fora de xogo. O Luaña, que apenas inquedou a portería local durante todo o partido, conseguiría o gol da honra no minuto 75, nun tremendo erro defensivo que permite o dorsal 8 visitante, rematar case na área pequena a gol sen oposición algunha. Tralo gol o Luaña, acercouse algo máis a portería do Vila, pero salvo unha falta o borde da área que sacou Abel cunha boa intervención, non levou máis perigo. E agora a superar os contrarios dos vindeiros importantes partidos, a visita ó Tordoia o día 21, e recibir ó líder Chaián na casa dentro de dúas semanas.
|
Vila de Ordes 3 - Luaña 1


