Avisos
| Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ). |
| Ames 1 - Vila de Ordes 6 |
|
|
|
| Domingo, 12 de Diciembre de 2010 20:16 |
|
O VDO alineou: Juanele, Manu Santos, Rama, Magic, Jose, Luis, Juanin ( 55'. Aitor), Bili (75'.Abel), Isma (63'. Civera), Julio (68'. Nhorze), Félix (58'. Ezequiel). GOLES: 0-1. Minuto 17. Bili de forte tiro colocado dende 40 metros. 0-2. Minuto 32. Isma en rápido contragolpe. 0-3. Minuto 40. Isma marca tras un saque rápido de falta por parte de Rama. 1-3. Minuto 60. Dorsal 14 de Falta directa. 1-4. Minuto 80. Penalty sobre Aitor que transforma Ezequiel. 1-5. Minuto 84. Pase de Aitor ó borde da área, que desvia un defensa local o fondo da rede. 1-6. Minuto 88. Penalty sobre Manu Santos que transforma Abel. Partido serio do Vila na primeira parte, cun claro dominio visitante, e con máis ocasións claras de gol nas botas de Julio e Bili, un tiro ó largueiro de Rama, e un gol anulado a Julio. Pero na segunda parte, tanto pola relaxación do Vila, como polos primeiros minutos do Ames que intentou acortar distancias, o partido foi máis feo, con posesións cortas, e sen demasiadas ocasións, ainda que os visitantes controlaban máis o balón. O gol do Ames non foi revulsivo suficiente para que o partido cambiase, e así tralos cambios e nos minutos finais, cos locais en inferioridade numérica, o Vila conseguiu máis goles, e incluso o resultado puido ser maior se os atacantes visitantes acertaran nos seus remates, ou se o colexiado non anulara outro gol o Vila, por suposto fora de xogo de Aitor. |
Ames 1 - Vila de Ordes 6


