Inicio Vila de Ordes 12 - O Xa Chegou 0

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Vila de Ordes 12 - O Xa Chegou 0 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 19 de Diciembre de 2010 18:53
O VDO alineou: Juanele, Manu Santos, Civera, Magic, Iván, Luis, Juanin, Nhorze, Aitor, Julio, Felix. 

GOLES:

1-0. Minuto 10. Félix remata no 2º pao un centro de Juanín dende a banda. 

2-0. Minuto 16. Iván remata de cabeza un saque de esquina. 

3-0. Minuto 23. Iván marca de tiro raso en xogada persoal entrando dende atrás. 

4-0. Minuto 25. Aitor marca en xogada persoal

5-0. Minuto 25. Xogada pola banda con centro de Félix que remata Julio

6-0. Minuto 29. Iván marca de tiro colocado dende o borde.

7-0. Minuto 34. Nhorze marca en xogada persoal, entrando dende atrás.

8-0. Minuto 36. Juanín ó transformar unha pena máxima sobre Aitor.

9-0. Minuto 39. Juanín marca en xogada persoal.

10-0. Minuto 41. Julio marca tras pase de Juanín.

11-0. Minuto 43. Luis marca dende fora da área de forte tiro a escadra dereita da portería visitante

12-0. Minuto 45. Nhorze de vaselina dende fora da área.

Abultada victoria local nun partido que estivo a piques de non comezar pola chegada as 18:25 de O Xa Chegou con so cinco xogadores, e que tras esperar os 30 minutos reglamentarios e a chegada de catro xogadores máis, puido iniciarse cun retraso considerable. E ainda así, pola suposta lesión de tres xogadores visitantes, no descanso o partido foi suspendido polo colexiado ó quedar O Xa Chegou con menos de 7 xogadores.

Partido sen historia, cun control absoluto do Vila, e con minutos para xogadores non habituais. O Vila tivo a posibilidade de conseguir máis goles polas ocasións creadas, e ademais do triplete de Iván, outros xogadores tiveron ocasións para conseguilo tamén: Nhorze cun remate de cabeza ó pao, Juanín cunha vaselina que sacou o porteiro cando o balón xa entraba, e Julio con dúas claras ocasións.