Inicio Copa do Sar: Vila de Ordes 2 - Taragoña 0

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Copa do Sar: Vila de Ordes 2 - Taragoña 0 PDF Imprimir E-mail
Jueves, 06 de Enero de 2011 20:35
O VDO alineou: Oscar (46'. Juanele), Manu Santos, Rama, Magic, Lequio,Luis, Civera (60'. Figo), Bili (50'. Iván), Julio (50'. Aitor), Isma (60'. Felix), Juanin. 

GOLES:

1-0. Minuto 92. Iván  cun forte tiro dende 40 metros, sorprende o porteiro visitante. 

2-0. Minuto 112. Rama marca un gol olímpico, dende o punto de saque de esquina cun tiro que entra pola escadra do segundo pao da portería visitante.

Regular actuación do trio arbitral, que expulsou no minuto 76 ó dorsal 9 visitante por dobre amarela, e ensinou 6 tarxetas amarelas máis.

Rolda previa da Copa do Sar, que rematou cunha victoria local na prórroga reglamentaria despois de que os 90 minutos finalizaran co empate a ceros inicial, entre o Vila de Ordes e o Taragoña, equipo de segunda rexional.

A primeira parte foi bastante aburrida, case sen ocasións nin tiros a portería dos dous equipos. As cousas cambiaron na segunda parte, con ocasions bastante claras de gol, sendo as mellores para o Taragoña no minuto 46 un remate de cabeza dentro da área pequena que saca Juanele, no minuto 50 unha falta que se vai ó longueiro da portería local,  no minuto 85 outra falta que de novo é repelida pola madeira, e xa na prórroga, no minuto 100 un novo remate de cabeza que Juanele saca adornandose cunha "palomita".

E a partir dos primeiros 45 minutos, os locais, aparte de reclamar dúas penas máximas na área visitante, unha por mans dun defensa e outra por derribo de Aitor, as mellores ocasións foron principalemente para Iván con dous remates de cabeza que se foron fora por moi pouco, Aitor con varios xogadas e tiros que sacou ben o porteiro visitante, e un tiro de Juanin no minuto 108' que foi rechazado polo pao.