Inicio VDO 2 Tordoia 1

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
VDO 2 Tordoia 1 PDF Imprimir E-mail
Sábado, 12 de Marzo de 2011 21:26

O Vila de Ordes dou un paso de xigante para a procura do ascenso a segunda autonómica. Ante un gran Tordoia e nun partido que non decepcionou aos asistentes o mesmo, conseguiu os tres puntos e deixar ao terceiro clasificado (o Tordoia), a seis puntos mais o gol average.

Breve crónica: O encontro comenzou con un tordoia moi forte, no que cada balon se peleaba a morte. Pouco a pouco o VDO foise sobrepoñendo e pasou a dominar o partido tendo as ocasións mais claras nos primeiros minutos da segunda parte. Neste tramo o VDO anotou o seu primeiro gol, de penalti por mans dun defensor do tordoia tras a saída dun corner. na ultima parte do encontro o Tordoia empezou a colgar balóns,  e faltando tres minutos pra o remate, o Tordoia conseguiu o empate. No desconto, e tras unha contra moi boa do equipo local, o Vila puido meter o gol da victoria, pero esta foi desviada polo porteiro a corner, tras o saque do mesmo o VDO conseguiu o gol que pon o Vila de Ordes con un pé en segunda.

O VDO alineou: Juanele, Oscar, Alex, Iván, Rama, Luis, Manu Santos, Bili, Figo, Santos e Isma, tamen xogaron: Aitor e Juanillo. Os goles do equipo local foron de Rama(p), e Aitor.

Destacar, a gran entrada que hubo para presenciar un encontro entre dous equipos veciños, que pelearon ata o fin pola victoria.