|
Sábado, 03 de Septiembre de 2011 20:09 |
|
Na estrea de categoría o Vila de Ordes acadou un empate a cero goles fronte a un rival moi forte e veterano, nun partido cunha primeira parte de claro dominio visitante, mentres que tralos cambios a segunda parte foi máis local, con varias ocasións moi claras de gol, pero ainda así a derradeira ocasión de gol foi visitante, cando un dianteiro visitante se plantou so diante de Juanele na área local, pero o gardameta do Vila atallou o tiro cando parecía un gol cantado.
Un empate que polas ocasións pode parecer un resultado pouco favorable, pero que diante dun rival de entidade, que caeu na fase de ascenso a 1ª Autonómica na eliminatoria decisiva, pode considerarse un resultado xusto.
|