Inicio San Marcos 0 - VILA DE ORDES 2

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
San Marcos 0 - VILA DE ORDES 2 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 26 de Septiembre de 2011 10:36

O VDO alineou a: Juanele, Manu Santos (80’ Civera), Félix,  Alex, Manteiga, Iván, Julio (51’ Isma), Bili, Aitor (60’ Figo), Oli (85’ Carro), e Miguel Santos (70’ Gonzalo).

GOLES:

0-1. Minuto 61. Isma ó rematar unha xogada persoal de Miguel Santos.

0-2. Minuto 80. Isma tras pase entre liñas de Iván.

Arbitro: Rubén Maquieira Otero. Amarillas a Felix, Aitor e Miguel Santos; e o nº 3 local. Regular actuación, permitindo o xogo duro local, e non querendo ver unha clara pena máxima na segunda parte por unha entrada por detrás sobre Oli e a correspondente expulsión do defensa local.

Despois da festa de Poulo e cun equipo renqueante a primeira vista, o Vila de Ordes desprazouse ata Santiago, para acadar a súa primeira victoria como visitante fronte o San Marcos.

O partido comezou co equipo local colgando balóns na área de Juanele, tanto dende atrás como en saques de banda que polas reducidas dimensións do terreo case se convertian en corners, co cal o Vila estivo moi encerrado atrás, pero pouco a pouco foise estirando e acercandose a portería local, facendo así que o control do partido estivese dividido.

As ocasións de gol máis claras na primeira parte, foron para o número 9 local que no minuto 15 chegaba sen marca a área diante de Juanele, pero o seu tiro sacouno ben o porteiro co pe; e para o Vila foi cinco minutos despois cando Miguel Santos fai un tiro potente dende fora da área e o balón foi repelido polo longueiro.

E na segunda parte, a entrada de Isma ó campo foi fundamental, xa que case sen tempo para asentarse no campo transformaba en gol unha xogada persoal de Miguel Santos pola banda esquerda quen chega a linea de corner e envía un balón que pasa por diante da portería local ata o segundo pao onde entra Isma sen marca e remata a gol. Esto gol doulle algo de calma o Vila, que seguiu chegando a área local, bastante máis que o equipo local que seguiu coa súa estratexia de balóns colgados e saques de banda.

No minuto 80 chegaría o segundo gol visitante, moi similar ó anterior, comezando a xogada cun pase perfecto de Iván á espalda da defensa, que recolle novamente Isma, vaise pola banda dereita en velocidade e ó entrar na área cun tiro cruzado o poste contrario envía o balón o fondo da rede da portería local, para obter así unha victoria merecida despois do visto no campo.