Inicio VILA DE ORDES 3 - Lamela 3

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
VILA DE ORDES 3 - Lamela 3 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 02 de Octubre de 2011 23:46

O VDO alineou a: Carro, Manu Santos, Félix (68’ Jose), Alex, Manteiga, Iván (67’ Figo), Isma, Bili, Aitor (74’ Julio), Oli , e Miguel Santos (80’ Gonzalo).

GOLES:

1-0. Minuto 7. Oli recolle un balón dentro da área visitante e marca.

1-1. Minuto 20. Nº 8 Lamela.

2-1. Minuto 25. Miguel Santos de tiro cruzado.

2-2. Minuto 30. Nº 2 Lamela.

3-2. Minuto 65. Bili de cabeza tras saque de esquina.

3-3. Minuto 80. Nº 7 Lamela.

Arbitro: Jose Luis Pita Rey. Amarelas a 4 xogadores locais; e a 3 xogadores visitantes. Expulsou por dobre amarela o delegado visitante, que se encarou con varios afeccionados locais, polo que o colexiado suspendeu o partido durante 15 minutros e unha vez presentada a Policia Local e Guardia Civil o partido reanudouse. Tamén expulsou por dobre amarela o número 5 do Lamela no minuto 85.

Empate inxusto para o Vila de Ordes, nun partido emocionante, pero no que todo o que lle podía sair mal, así ocorreu no transcurso do partido ante un Lamela unicamente con 11 xogadores.

O partido comezou ben para o Vila cun par de tiros, sendo o segundo o que dou lugar o saque de esquina onde os locais acabarían conseguindo o seu primeiro gol. Tras esto, o partido discurria sen un control claro, nin demasiadas ocasións. Pero un falta regalada o borde da área local, serviu para que no saque da mesma o balón petase nun xogador local, cambiando a dirección do balón, e introducindose na portería local sen que Carro puidese facer nada.

Sen tempo case para reaccionar, o Vila conseguía o segundo gol nunha boa xogada de Oli, que mete un pase entre liñas a Miguel Santos, este encara o porteiro e marca. Acto seguido os locais terían 2 claras ocasións de gol, primeiro Bili que sen marca non chega por pouco a rematar de cabeza un centro de Oli, e un minuto despois un dobre ocasión clarísima de Miguel Santos que recibe un balon de Oli, e remata dúas veces diante do porteiro visitante, pero sen conseguir o gol

E novamente a mala fortuna apareceu, e noutra falta regalada case no medio do campo, no saque da mesma case na liña de banda diante dos banquillos locais, unha indecisión da zaga local, permite que o balón bote dentro da área e acabe no fondo da rede de Carro. E tras este mazazo, os visitantes tiveron a súa derradeira ocasión nesta primeira parte, noutro despiste defensivo que permitiu o número 9 visitante rematar sen marca dentro da área do Vila, pero o balón saiu desviado. E nos últimos minutos da primeira parte, foi Bili quen puido adiantar novamente os locais, nun remate sen oposición dentro da área visitante, pero o balón saiu fora por moi pouco.

Na reanuación, cun maior dominio do encontro polos locais, foi novamente o Vila quen realizaba as xogadas con máis perigo de gol, tendo unha boa ocasión Aitor pero o seu tiro sai desviado por pouco. No minutro 58 suspendeuse durante 15 minutos o partido, e posteriormente reanudouse.

Sería no 65, tras un saque de esquina, cando Bili remata de cabeza picando o balón e conseguindo o terceiro gol local. E coa ventaxa no marcador, Isma puido conseguilo cuarto gol, nunha contra en velocidade no minuto 75, pero co porteiro superado o seu tiro foi repelido pola madeira do poste. E uns minutros despois disto, chegaría o empate nun tiro colocado a escuadra local polo número 7 visitante.

Nos derradeiros minutos o Vila seguiu intentando conseguir o cuarto gol que lle dese a victoria, pero o balón non quixo entrar nin a falta de Figo o longueiro no minuto 83, nin o tiro que Isma que saiu a rentes do pao no 87.