Avisos
| Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ). |
| Laro 2 - VILA DE ORDES 1 |
|
|
|
| Lunes, 10 de Octubre de 2011 15:34 |
|
Domingo 9/10/2011. Campo de "Agro Novo" de Laro (Silleda). O VDO alineou a: Carro, Manu Santos, Félix, Alex, Iván, Antón, Figo (55' Nhorze), Bili (80' Luis), Aitor (73' Julio), Oli, e Jose. GOLES:1-0. Minuto 21. Falta lateral colgada na área, e o balón solto empuxao a gol o nº 2. 2-0. Minuto 26. Contragolpe local que o nº 11 transforma en gol cun magnífico golpeo dende fora da área.. 2-1. Minuto 60. Saque de banda que toca hacia atrás de cabeza Nhorze, e no segundo pao remata Oli. . Arbitro: Angel Penela Rodríguez. Amarelas a 5 xogadores locais; Amarelas a Felix e a Iván en 2 ocasións, sendo expulsado no 89'. Favoreceu os locais o non expulsar a 2 xogadores do Laro que con amarela, realizaron entradas moi merecedoras dunha segunda tarxeta.Segunda derrota do Vila de Ordes ante o lider da categoría, nun partido con dúas partes diferenciadas, xa que a primeira foi claramente local, pero na segunda os visitantes sairon con máis ganas e tiveron ocasións para conseguir o empate. O partido comezou cun control local, buscando os seus tres puntas con balóns largos, xogando o primeiro toque e poñendo en apuros o Vila, que pasou moitos minutos case encerrado atrás, pero entre Carro e a defensa evitaban que as ocasións tiveran máis perigo. E así chegase o primeiro gol local, nunha falta lateral colgada na área, quedando solto o balón, que un xogador local sen marca empurra o fondo da rede. E case sen tempo a reaccionar, chegaría o segundo gol local, tirando a moral visitante polo chan. O resto da primeira parte foi un discurrir de tempo, sen que o Vila se encontrara no campo, sen realizar un bo xogo (o que un campo cheo de pedras, duro e moi irregular tampouco axudaba) e case sen ocasións, sendo dous tiros de Figo todas as accións de ataque visitantes nos primeiros 45 minutos. Na segunda parte, o Vila saiu algo mellor, acercandose pouco a pouco a área local, e puido conseguir o primeiro gol no minuto 55, cando tras unha falta centrada a área, Aitor tira o pao. E pouco despois Oli conseguiría o gol visitante, a partir do cal o Vila empuxaba para intentar o empate, ante o cal o Laro foi retrasando a súa posición ainda que saia en rápidas contras, e Carro tivo que sacar ata 3 máns salvadoras para evitar o terceiro gol local. Pese a todo o Vila seguiuno intentando ata o final, con contadas ocasións, pero sen resultado. O Vila de Ordes terá que seguir mellorando determinados aspectos do seu xogo de cara a vindeiros partidos, e esperar tamén que a sorte acompañe nas ocasións de gol, xa que en seis partidos disputados leva case tantos goles a favor como tiros o pao. Para rematar, o agradecemento os máis ou menos 25 siareiros que se desprazaron no autobús para apoiar o Vila neste difícil encontro. |
Laro 2 - VILA DE ORDES 1


