Inicio Tabeiros 0 - VILA DE ORDES 1

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Tabeiros 0 - VILA DE ORDES 1 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 24 de Octubre de 2011 22:10
Domingo 23/10/2011. Campo de Tabeiros (A Estrada).

O VDO alineou a: Juanele, Manu Santos, Manteiga, Alex, Iván, Antón, Figo, Bili, Aitor (61' Miguel Santos), Oli (79' Nhorze), e Luis (87' Luis),.

GOLES:

0-1. Minuto 47. Balón que pelea Bili o borde da área, e toca o balón a Aitor que dentro da área marca de forte tiro.

Arbitro: Juan José Raices Souto. Delegación de Santiago. Amarelas a 3 xogadores locais; Amarelas a Luis e Nhorze.

Segunda victoria do Vila de Ordes como visitante no desprazamento a Tabeirós, nunha tarde de temporal con moita auga e vento, o que non favoreceu o xogo nun campo en malas condicións, e que co paso do tempo cada vez estaba máis pesado, e especialmente polas bandas o balón parabase continuamente.

O partido non foi dos mellores do Vila, quen pese as condicións intentou xogar o balón en todo momento, sen conseguilo, fronte o equipo local que se limitou a xogar balóns largos dende atrás, e colgar balóns a área local en xogadas a balón parado.

Poucas ocasións para as dous equipos especialmente na primeira parte, e na segunda a partir do gol, o Vila tivo algunha máis para aumentar o marcador, pero que non cegaron a fructificar. O Tabeirós volcado non últimos minutos na área visitante en busca do empate, tivo un par de ocasións claras de gol, pero Juanele evitou o empate coas súas intervencións.

Aitor tivo que retirarse lesionado do campo por un corte sufrido nunha caida, que lle obrigou a pasar pola Mutua na Rosaleda, onde recibiu 12 puntos de sutura.