Avisos
| Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ). |
| VILA DE ORDES 3 - Montaos 1 |
|
|
|
| Martes, 01 de Noviembre de 2011 12:58 |
|
Sábado 29/10/2011. Campo Anexo de Vista Alegre. O VDO alineou a: Juanele, Manu Santos (65' Félix) , Manteiga (72' Carro), Alex, Nhorze (46' Julio), Luis, Figo, Bili, Iván, Oli, (82' Civera), Miguel Santos (76' Isma). GOLES: 0-1. Minuto 13. Falta lateral colgada na área, o rechace queda solto e o dorsal 5 marca. 1-1. Minuto 44. Luis (penalty). 2-1. Minuto 67. Félix remata un balón solto. 3-1. Minuto 77. Oli de forte tiro. Arbitro: Julio José Martinez Barral. Delegación de Santiago. Amarelas a 3 xogadores locais, e 3 visitantes. Expulsado o dorsal 15 con bermella directa por derribar a Bili dentro da área do Montaos dun empuxón no minuto 44. Primeiro derbi na historia do Vila contra a S.D. Montaos, que se saldou con victoria local e que foi marcado de forma decisiva pola xogada do minuto 44 cando o colexiado expulsa a un xogador do Montaos e sinala pena máxima., dando lugar a unha pequena tangana contra o colexiado pola súa actuación, pero que non foi a maiores, ainda que o colexiado para evitar posibles acontecementos solicitou a presenza da Garda Civil para continuar o partido na segunda parte. O partido comezou moi ben para o Montaos que se encontrou o gol no primeiro e case único acercamento a portería de Juanele, nunha nova falta regalada o equipo contrario, que tras un primeiro rechace a defensa local non puido despexar. A partir dese momento, o Montaos claramente se dedicou a perder o tempo, e cortar tódalas xogadas do Vila, con un número excesivo de faltas, cun xogo demasiado duro non cortado polo colexiado. Todas estas interrupcións, xunto cun mal xogo local, non permitiron ver un bo fútbol na primeira parte, e cando parecía que remataría así, chegou a xogada do penalty, moi protestada polos xogadores e siareiros do Montaos. Na segunda parte o Vila saiu polo partido, que seguia sendo moi trabado polas faltas e perda de tempo do Montaos, e nunha xogada a balón parado colgada na área, Félix conseguiu o segundo gol local ós poucos minutos de estar no campo. Pouco despois Oli cun tiro que toca nun defensa do Montaos, conseguiriía o terceiro gol, cando ainda quedaba moito partido por diante, pero o final serviu para que os tres puntos caeran do lado do Vila de Ordes. O comezo do partido, o socio número 1 do Vila de Ordes e xogador da SD Montaos, Don José Antonio González Lamas recibiu unha placa do equipo local, polo seu apoio nestes catro anos, e pola súa traxectoria futbolística. |
VILA DE ORDES 3 - Montaos 1


