Inicio Val do Ulla 3 - VILA DE ORDES 0

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Val do Ulla 3 - VILA DE ORDES 0 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 07 de Noviembre de 2011 18:01
Domingo 6/11/2011. Campo do Coto. 16:00 horas.

O VDO alineou a: Juanele, Manteiga, Félix, Alex, Iván, Antón, Figo, Bili, Luis, Oli e Isma. Tamén participaron na segunda parte Julio, Miguel Santos, Nhorze, Carro e Civera.

GOLES:

1-0. Minuto 35. Balón colgado que queda solto na área de Juanele, e un dianteiro local empurra o balón case sen oposición a gol.

2-0. Minuto 72. Xogada por banda, centro que pasa por diante da portería visitante, e no segundo pao sen marca algunha de novo un dianteiro local empurra a gol.

3-0. Minuto 87. Perda de balón visitante, o balón colgado na área que a defensa non despexa, e tras 2 rechaces, marca o Val do Ulla.

Arbitro: Gonzálo Goyanes López.. Delegación de Santiago. Amarelas a 2 xogadores locais; Amarelas a Iván e Julio. Partido sen complicacións.

Derrota do Vila de Ordes ante un rival de postos altos da clasificación, nun partido de claro dominio local, que foi quen dispuxo da maoría das ocasións de gol. O partido permitiu ver a dous equipos que intentaban xogar o fútbol sen abusar en exceso do patadón arriba, pero os visitantes non inquedaron en demasía o porteiro local, e os fallos defensivos favoreceron a victoria local.

Na primeira parte o Vila mantivo o tipo no campo ata o primeiro gol local, a partir do cal os locais apretaron moito intentando ampliar a súa ventaxa no marcador sen conseguilo. E na segunda parte ata o segundo gol local, os visitantes intentaron acercarse a meta local, pero sen moito perigo.