Inicio Portomouro 2 - VILA DE ORDES 0

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Portomouro 2 - VILA DE ORDES 0 PDF Imprimir E-mail
Lunes, 21 de Noviembre de 2011 20:27
Domingo 20/11/2011. Campo da Tilleira (Val do Dubra). 16:00 horas.

O VDO alineou a: Juanele, Manu Santos (46’ Isma), Civera (46’ Manteiga), Alex, Iván, Aitor (46’ Juanín), Carro, Bili, Oli, Antón e Julio.

GOLES:

1-0. Minuto 35. Balón en banda que a defensa non acerta a despexar, un xogador local toca por diante da portería, e no segundo pao remata o dorsal 7.

2-0. Minuto 80. Falta innecesaria na banda dereita, o balón é colgado na área de Juanele, chegando o segundo pao onde novamente un xogador local, en situación dubidosa e posiblemente en claro fora de xogo, remata sen oposición.

Arbitro: Sergio Silva Mella Delegación de Santiago. Amarelas a 2 xogadores locais; Amarelas a Manu Santos, Iván e Antón.

Terceira derrota consecutiva do Vila de Ordes, esta vez no seu desprazamento a Val do Dubra, nun partido que rematou cun resultado inxusto, xa que o Vila tivo numerosas ocasións na segunda parte para empatar e incluso darlle a volta o marcador, pero como se di no fútbol o que perdoa acabo pagandoas, e o Portomouro conseguiu o segundo gol na única ocasión clara que tivo na segunda parte.

Houbo dúas partes moi diferenciadas, sendo a primeira claramente local, e segundo tempo para os visitantes sen lugar a dúbidas. Nos primeiros 45 minutos, o Vila foi dominado polo equipo local que chegaba con claridade a meta de Juanele, dispoñendo de varias ocasións, que unhas veces Juanele e outras a defensa foron quén de evitar, ata a xogada case o final desta primeira parte que dou lugar o gol local.

Pero na segunda parte cambiaron as tornas xa dende o primeiro minuto, xa que no 46 nun pase largo a Carro, que xogou de interior todo o partido e dispuxo das ocasións de gol máis claras, éste plantouse na área local so diante do porteiro pero o seu tiro foi desviado in extremis polo pe do cancerbeiro local a saque de esquina. No saque do mesmo, o balón chega a Antón o borde da área, que saca un forte tiro pero o balón é repelido polo poste. E ata a polémica xogada do segundo gol local case o final do partido, o Portomouo foise retrasando cada vez máis, e o Vila de Ordes chegaba unha e outra vez con moito perigo a meta local, pero o balón non quixo entrar en ningunha das numerosas ocasións claras que tiveron principalmente Carro, Iván, Bili e Antón.