Inicio I Torneo Vila de Ordes: VDO 1 - Grixoa 3

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
I Torneo Vila de Ordes: VDO 1 - Grixoa 3 PDF Imprimir E-mail
Martes, 01 de Septiembre de 2009 20:28

O I Torneo Vila de Ordes foi parar as vitrinas do Grixoa F.C. de I Autonómica.

O equipo visitante impuxose a un Vila de Ordes que en ningún momento perdeulle a cara o encontro, aguantando sen encaixar un gol ata case o remate do primeiro tempo no cal tamen dispuxo de oportunidades de gol.

Pese a adiantarse o Grixoa con gol de Sergio Leis, e realizar varios cambios, o equipo deixou boa imaxe e pudo acabar o encontro cun resultado máis axustado de non errar un penalty Deivi, xogador do VDO que entrara de refresco no segundo tempo.

O final, VDO 1 - Grixoa 3, nun partido que serviu de preparación con vistas a liga que comeza esta fin de semana para o Grixoa en I Autonómica, e para o Vila de Ordes que disputará a 3ª Autonómica dende o primeiro Domingo de Outubro.