Inicio Repaso a pretempada Cap. I

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web ( contactar co equipo ).
 
Repaso a pretempada Cap. I PDF Imprimir E-mail
Miércoles, 09 de Septiembre de 2009 17:19

As primeiras semanas da pretempada cando a páxina aínda non se encontraba operativa, xurdiron novas que vamos a ir resumindo en capitulos nos próximos dias.

Alá polo 23 de Xullo comezaron os adestramentos, novamente cunha trintena de xogadares no Anexo a Vista Alegre.

Ata a presentación acecaronse o alcalde, Manuel Regos, e membros da corporación municipal. No acto fixeronse unhas fotos que xa podedes atopar na galería da web. Antes da sesión fotográfica o alcalde dedicou unha s palabras a directiva e xogadores.

A sesión comezou tarde o non dispor do campo ata pasadas as 22:00 horas, pero eso sí respirabase un gran ambiente.

Ademáis dos xogadores que siguen do ano pasado, estaban os habituais que solo veñen a adestrar e algúns máis na mesma situación que se sumaron a volta o traballo.

Entre os xogadores duas caras esperadas, volvian da lesión Juanito e Aitor, o pichichi ata caer lesionado nas primeiras xornadas da tempada pasado fronte o Brión.

Apartir de aquí o VDO seguiu cos adestramentos os Lúns, Mercores e Xoves de cada semana ata Setembro.