Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Trazo vs Vila de Ordes |
|
|
|
| Sábado, 03 de Octubre de 2009 19:03 |
|
Este domingo comeza a liga no grupo 9 da 3ª Autonómica no cal estan encadrados o Trazo e Vila de Ordes. As 16:30 horas ambos equipos enfrontaranse en Campo (Trazo) en busca da primeira victoria da tempada. A pesar de ser novos proxectos deportivos os equipos coñecesen a perfeción, tanto pola cercania xeografica como los tres enfrontamentos da tempada pasada. O primeiro partido gañarao claramente o Vila de Ordes no anexo a Vista Alegre (3-1), na segunda volta do campeonato cando ninguén se xogaba nada foi o Trazo o que se levou o gato a auga (1-0). Finalmente os equipos volveron a coincidir na Copa do Sar a un partido no campo do Trazo (3-3), nun partido espectacular, con prorroga, e non apto para cardiacos ata o ultimo. Decidiuse nos penaltis a favor do VDO. Na clasificación final da Liga o Vila de Ordes (5º) avantaxou o Trazo (7º) en catro puntos 56-52. Pero todo isto é pasado, polo que os dous equipos cas forzas renovadas prometen un máis que interesante partido. Despois da tempada do debut, o Vila de Ordes cun equipo reforzado sae decidido o lograr o máximo na competición polo que dende o club esperamos o apoio e a afluencia masiva os partidos dos socios e siareiros dende a primeira xornada.
|
Trazo vs Vila de Ordes


