Inicio Trazo 0 - Vila de Ordes 0

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Trazo 0 - Vila de Ordes 0 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 04 de Octubre de 2009 22:47
VDO (Dorsal) NOME DEPORTIVO TROCOS
1 CARRO
2 ALEX VARELA
3 RAMA
4 MANTEIGA
5 LÓPEZ
6 BILI 50’ IVÁN
7 MANU  SANTOS
8 ALEX 75’ JULIO
9 OLI 34’ DEIVI
10 ISMA
11 PABLO CASTRO 50’ EZEQUIEL
RESERVAS
12 IVAN
13 JUANELE
14 EZEQUIEL
15 JULIO
16 DEIVI

 

Domingo 03/10/2009. Campo de Viaño Pequeno - Trazo. 16:30 horas. Tarde moi chuviosa, con terreo de xogo en boas condicións pero moi rápido pola auga caída..

ARBITRO: Roberto Díaz Caamaño. Delegación de Santiago.

Mostrou tarxetas amarelas a López, Alex, Iván e Deivi; e polo Trazo os dorsais 5 e 9.

COMENTARIO:

Primeiro partido da liga 2009-2010 que se saldou cun empate final, e no que o protagonista foi o colexiado que permitindo o xogo duro local, e cometendo numerosos erros que perxudicaron o Vila de Ordes, tanto foras de xogo como faltas, pero o máis grave foi un clarísimo penalty cometido sobre Manu Santos na segunda parte que non quixo sinalar.

Na primeira parte os xogadores do Vila de Ordes, non estiveron moi acertados, e o xogo non foi o esperado, perdendo moi pronto o balón, con pouco xogo combinativo, e cos dous dianteiros pouco asistidos de balóns. A posesión de balón estivo repartida entre os dous equipos, ainda que os locais case non levaron perigo a meta de Carro, e para os visitantes a ocasión máis clara foi no minuto 33 un remate de cabeza de Oli que foi rexeitado polo pao, xogada na que se lesionou e tivo que ser sustituido.

A segunda parte comezou cunha boa ocasión cun tiro de Deivi dende o borde que saca o porteiro local.  Nos minutos seguintes, a posesión do balón non tivo un claro dominador, pero chegaba con máis claridade o Vila de Ordes a portería contraria, tanto en xogada como en tiros dende fora da área local. Os locais, ó igual que na primeira parte,  non inquietaron a Carro máis que en tiros lonxanos ou moi desviados. A mellor ocasión visitante foi no minuto 60 pola banda dereita entre Manu Santos e Alex Varela, centrando este finalmente o punto de penalty onde Isma remata en moi boa posición, pero o balón foise fora. E pouco despois outra boa xogada en banda de Ezequiel, pero o seu centro foise moi longo. Sen olvidar o claro penalty non sinalado a favor do Vila de Ordes.

En resumo, un resultado inxusto na medida que foron os visitantes os únicos que tiveron ocasións moi claras de gol, pero no partido viuse un Vila de Ordes que ten que mellorar o seu xogo, e sobre todo a súa eficacia rematadora, xa que ainda que crea moitas ocasións, estas non rematan en gol.