Inicio Vila de Ordes vs Bertamiráns B

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo)

 
Vila de Ordes vs Bertamiráns B PDF Imprimir E-mail
Sábado, 10 de Octubre de 2009 00:27

Este sábado as 18:00 horas na segunda xornada de liga debuta o Vila de Ordes no Anexo a Vista Alegre. O equipo adestrado por Carril intentará facer bo o empate da primeira xornada en Trazo logrando unha victoria.

O rival, o Bertamiráns B, un dos varios equipos do Concello de Ames con presenza neste grupo 9 da 3ª Autonómica ben de acadar unha contundente victoria (3-0) fronte o Rial na primeira xornada.

Os enfrontamentos da pasada tempada deron resultados dispares; (2-0) para o VDO na primeira volta no Anexo a Vista Alegre e (2-1) para o Bertamiráns na 2ª volta cando os equipos xa non se xogaban nada e co plantel do VDO moi mermado. Con todos o Bertamiráns B e un dos equipos a ter enconta e proba delo é que terminou o pasado campionato 4º, un posto por encima do VDO o cal lle sacou un punto (57-56).

Presumense baixas nos dous equipos ainda que o Vila de Ordes solo presenta un cambio na convocatoria, Civera entre no lugar do mando Oli.

Dende aquí solo queda animar unha semana máis a afecionados e socios a acudir o partido, que se espera moi interesante.

Nota: A entrada para os que non son socios custará 3€. Os que desexen facerse Socios ou recoller o seu Carné para esta tempada terano o seu dispor na entrada do Campo. Mil Grazas a todos pola vosa Colaboración.