Inicio Rial vs Vila de Ordes

Avisos

Buscamos Patrocinadores e Colaboracións de todo tipo, pide máis información ou aporta as tuas ideas en contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto da web (contactar co equipo)

 
Rial vs Vila de Ordes PDF Imprimir E-mail
Sábado, 17 de Octubre de 2009 14:43

Despois dun empate e unha derrota, o Vila de Ordes buscará nesta terceira xornada de Liga do grupo 9 , da Terceira Autonómica, a primeira victoria da Tempada.

O Vila de Ordes viaxa con tres cambios na convocatoria con respeto o ultimo partido, entran Luis, Antón e Aitor quedanse fora Civera, Manteiga e Deivi.

Os tres que entran estreanse nunha convocatoria esta tempada. Aitor volve despois da importante lesión da tempada pasada sendo a alta máis significativa. Nas baixas destaca Manteiga, indiscutible ata o momento, por un proceso gripal.

A priori o Vila de Ordes parte como favorito ante un rival que ainda non sumou ningun punto esta tempada e que a pasada perdeu claramente os dous enfrontamentos (3-0; en Ordes) e (0-4; en Val do Dubra). De todos xeitos o VDO non se debe confiar ante un rival que suma dous goles a favor e cinco en contra nestes dous primeiros partidos de liga, xa que istes resultados foron ante os únicos dous equipos que suman os seus dous partidos por gañados, Bertamiráns e Ortoño.

O partido xogarase no campode herba artificial da Telleira en Bembibre (Val do Dubra), hoxe sábado as 18:00 Horas.