Inicio Rial 2 - Vila de Ordes 2

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Rial 2 - Vila de Ordes 2 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 18 de Octubre de 2009 01:40

Unha derrota e dous empates e o balance do Vila de Ordes nestas tres primeiras xornadas. O úlltimo empate o sábado en Val do Dubra fronte o Rial.

Pese a contar con varios ocasións claras de gol e un novo penalti a favor non sinalado, o VDO foi todo o partido a remolque e o descanso perdendo ( 1-0).

No segundo tempo o equipo acadou a igualada cun gol de Isma pero o instantes despois o Rial volviase a poñer por diante. A pouco para o final o porteiro carro que ocupou esta xornada posicións avanzadas no medio campo acadou a igualada. Carro que entrou sustituindo o lesionado Alex Varela no primeiro tempo foi un dos mellores do encontro.

O Vila de Ordes acabou con varios xogadores con molestias diversas, algúns como Alex Varela que recaeron en molestias de semanas anteriores.

Mellorouse en imaxe, pero os plantexamentos dos rivais comñecedores do xogo do VDO están a contrarrestar ata o momento o despegue na liga dun equipo falto de sorte e o xa mencionado "factor sorpresa".

Para a seguinte xornada fronte o Ortoño, pese a ser a cuarta xornada, será xa unha final de cara a empezar a recortar os equipos punteiros, Bertamiráns e Ortoño.

Polo VDO xogaron: Juanele, Alex Varela, López, Luis, Rama, Manu Santos, Iván, Alex, Pablo Castro, Ezequiel e Isma. Para trocos estiveron: Bili, Carro, Antón, Julio e Aitor.