Inicio Vila de Ordes vs Ortoño.

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Vila de Ordes vs Ortoño. PDF Imprimir E-mail
Sábado, 24 de Octubre de 2009 12:14

Cuarta xornada de Liga para o Vila de Ordes que ainda non coñece a victoria (2 empates, 1 derrota). O rival, o Ortoño, colider xunto o Bertamiráns B, con tres partido tres gañados.

O encontro que será hoxe sábado as 18:00 horas, no campo de herba artificial anexo a Vista Alegre, presentase a estas alturas de tempada como unha nova final para os locales. O obxetivo será gañar para así comezar a recortar a diferencia de sete puntos co lider.

O adestrador do VDO, Carril formulou tres trocos con respecto a convocatoría da xornada anterior, dous de caracter técnico e Oli por Alex Varela, un regresa despois da lesión e o outro perdese o partido por ese motivo.

Os antecedentes da tempada pasada foron un empate e unha victoria para o VDO; (0-1) en Ortoño e (2-2) aquí en Ordes.

Estará reñida a contenda polo que animamos a todolos afecionados e socios a acudir esta tarde chuviosa a animar o Vila de Ordes sabedores da importacia da vosa presenza.