Inicio Vila de Ordes 1 - Ortoño 4

Avisos

Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada.

Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto.

 
Vila de Ordes 1 - Ortoño 4 PDF Imprimir E-mail
Domingo, 25 de Octubre de 2009 13:30

O Vila de Ordes segue sen levantar cabeza nestes comezos de liga.

Dous empates e outras tantas derrotas condean o VDO a parte baixa da taboa clasificatoría.

Esta fin de semana, fronte o Ortoño, o equipo arrancou ben, tendo o total control do encontro nos 25 primeiros minutos e marcando distancias no marcodor (1-0) con gol de Carro que xogou pegado a banda dereita.

O pouco do gol o equipo encaixaba a igualada nun erro. Despois de ese erro, outro erro e outro erro, un erro por cada gol e mala imaxe do equipo que se apreciaba desganado, superado pola situación. É por se fora pouco lesións: Alex, Juanele...; expulsións: Manu Santos.

En fín, o peor partido da tempada, seguramente foi ese día no que é mellor non se levantar, o día tonto do ano.

A única nota positiva; a arbitraxe, soen fallar por elo cando o bordan, pese a derrota solo caben os parabéns.

O Vila de Ordes, formou con: Juanele; Manu Santos, López, Luis e Rama; Carro, Nhorze, Iván e Ezequiel; Alex e Isma.

No banco para trocos estiveron: Bili, Julio, Oli, Civera e Antón.

O equipo queda a dez puntos da cabeza que a forman Ortoño e Bertamiráns B con 12 puntos.