Avisos
Estas interesado en colaborar ou patrocinar o Vila de Ordes na Nova Tempada. Se tes un idea, ou queres mais información detallada, ponte en contacto con nosco por teléfono 693405432, enviandonos un correo a contacto@viladeordes.com ou a través do formulario de contacto. |
| Resumo da semana |
|
|
|
| Viernes, 30 de Octubre de 2009 21:05 |
|
O Vila de Ordes comezou a semana ca habitual reunión da directiva o lúns. Aparte dos temas habituais, tratouse amplamente o tema deportivo tratando de buscar solucións os malos resultados. O adestrador non as tiña todas consigo e plantexabase o seu futuro de non haber unha reación por parte do equipo. Entón foi cando a directiva decidiu dialogar co vestiario. O martes antes do adestramento o presidente, vicepresidente e un vocal da xunta directiva reunironse cos xogadores no vestiario para buscar solucións e unha reación por parte do plantel. Os xogadores mostraronse confiados en sair deste baixón e de que o adestrador era o máis axeitado para equipo. Minutos máis tarde o equipo comezaba a adestrar na Anexo a Vista Alegre cunha sesión leve que consistiu en carreira continua e partido a campo completo o ser 24 xogadores na sesión. O xoves ca normalidade xa restaurada, o VDO volveu a adestrar no mesmo escenario consistindo a sesión en: carreira continua, rondos, posesións, estratexia e finalmente un partidiño a medio campo. Os convocados para o encontro do sábado fronte o Luaña, foron citados para unha nova sesión de estratexia o venres.
|
Resumo da semana


